RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Os Nosos reciben o cariño de ABANCA e Estrella Galicia nunha emocionante mañá

DÉPOR · 25 MAIO 2026

OS NOSOS RECIBEN O CARIÑO DE ABANCA E ESTRELLA GALICIA NUNHA EMOCIONANTE MAÑÁ

A pesar de que a festa co equipo na fanzone concluíu pasadas as 5:00 da madrugada, a axenda do Dépor tivo un luns pospartido e posascenso cheo de actos.Ás 13:00, Os Nosos, encabezados polo presidente Juan Carlos Escotet Rodríguez e o seu consello de administración, foron recibidos en Espazo Avenida por Francisco Botas, Director Executivo de ABANCA, cunha nutrida representación de empregados.O conselleiro delegado do RC Deportivo, Massimo Adalberto Benassi, marcou como obxectivo na máxima categoría "primeiro conseguir os 45 puntos, que vai ser difícil pero imos conseguilo" e deu as grazas "a todos os traballadores, tanto os que están aquí como os que non están, que fixeron posible que en 3 anos esteamos falando de volver ao Bernabéu, ao Camp Nou…"Un dos momentos máis emotivos chegou cando Benassi pediu unha ovación para Juan Carlos Escotet Rodríguez, presente no acto, e que se prolongou durante varios minutos.A continuación, o capitán Diego Villares, en representación do vestiario, cualificou o día como "moi importante", cre que "é un privilexio que nos recibades hoxe aquí" e agradeceu "o apoio constante" da entidade.Pechar o acto correspondeulle a Juan Carlos Escotet Rodríguez, que, dirixíndose aos futbolistas e técnicos, indicou que "sodes xa parte da historia desta cidade e tedes que ser conscientes de que esta cidade nunca vos vai esquecer".A visita concluíu cun brinde e unha foto de familia para os medios gráficos.

mega ascenso-16.jpg

Finalizado o acto en ABANCA, o Dépor trasladouse ao Museo de Estrella Galicia situado no polígono coruñés da Grela.José Cabanas, CMO do grupo Hijos de Rivera, exerceu de anfitrión."Devolver o club a Primera División e ver o ano que vén os grandes clubs da liga pasar por aquí é todo un reto", subliñou.Pola súa banda, o capitán, Diego Villares, entregoulle ao directivo de Estrella Galicia a camiseta do ascenso porque "o apoio que nos dá é moi importante".

  • 2026-05-25ab_14.jpg
  • 2026-05-25ab_5.jpg
  • 2026-05-25ab_24.jpg
  • 2026-05-25ab_34.jpg
  • 2026-05-25ab_65.jpg