RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

Primeiro adestramento do Dépor ABANCA este mércores no campo 6 de Abegondo

Superadas as probas físicas e médicas, o Dépor ABANCA realizou esta mañá o seu primeiro adestramento no campo 6 da Cidade Deportiva de Abegondo.

As futbolistas que arrincaron son a seguintes: Yohana Gómez, Samara Ortiz, Vera Martínez, Henar Muiña, Marina Artero, Paula Gutiérrez, Eva Dios, Olaya Rodríguez, Millene Cabral, Paula Monteagudo, Rosalía Muiño, Ainhoa Marín, Carlota Sánchez, Sara Extremera, Raquel García, Bárbara Latorre, Elena Vázquez, Lucia Martínez, Cristina Martínez, Merle Barth, Colette Cavanagh, Paula Novo, Carmen Carballada, Lucía Rivas, Paula Redruello, Laura Ruiz, Martina Rivas e Antía Veiga.

Loxicamente non estiveron presentes as internacionais Inês Pereira, que se incorpora o 25 de xullo após o seu paso pola Eurocopa; e Michi Apóstol e Espe Pizarro, en competición coa Copa América de Quito.

Este xoves e o venres As Nosas adestraranse ás 10:30 en Abegondo e o sábado 19 está prevista unha actividade de remo con traiñeira grazas ao Club de Regatas Salgado Perillo.

Nos próximos días, o Club irán confirmando os amigables desta pretemporada.

O FC Levante Badalona, primeiro rival en Liga F

O Dépor ABANCA recibirá ao FC Levante Badalona en ABANCA-RIAZOR a fin de semana do 30 ou 31 de agosto no primeiro partido desta temporada 2025-26 en Liga F.

As Nosas concluirán a liga o 31 de maio de 2026 coa visita ao Costa Adeje Tenerife.

O último partido en ABANCA-RIAZOR do Deportivo ABANCA será ante o RCD Espanyol o 24 de maio.