RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

Inês Pereira reincorpórase aos adestramentos do Dépor ABANCA após o seu paso pola Eurocopa

Inês Pereira sumouse este venres aos adestramentos do Dépor ABANCA após o seu paso pola Europoa de Suíza e uns días de descanso posteriores.

A internacional portuguesa completou a sesión con total normalidade co resto das súas compañeiras.

Así pois, tan só faltan por chegar Espe Pizarro, que alcanzou con Uruguai as semifinais da Copa América; e Michi Apóstol, que se enfronta a Paraguai esta próxima madrugada no último partido da Primera Fase.

Ademais da deste venres, As Nosas teñen previsto dúas novas sesións de traballo este sábado 26 e o domingo 27.