RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

Fran Alonso ve a un Dépor ABANCA "cada vez máis sólido" e Millene Cabral afirma que "esta é a miña casa"

Fran Alonso manifestou na sala de prensa de ABANCA-RIAZOR após imporse ao Granada CF que "aínda tenenos moito que mellorar. Creo que este equipo vai seguir mellorando; e a final de temporada imos estar nunha boa posición e imos considerar a temporada moi boa".

Valora o efecto ABANCA-RIAZOR, con só unha derrota no que vai de liga: "Xogar ante #ANOSAFORZA é sempre un plus para nós. Xogar en ABANCA-RIAZOR é espectacular". Iso si, apunta que "o que me gustaría é dar un pasiño adiante nos partidos fóra de casa onde sentimos máis lonxe á nosa afección".

O técnico deportivista subliña que "é evidente que as carencias que demostrou nalgúns partidos estamos a melloralas e cada vez somos un equipo máis sólido e coas ideas máis claras".

Pola súa banda, Millene Cabral, que cumpriu 100 partidos coa camiseta do Dépor ABANCA, afirmou que "xa podo dicir que esta é a miña casa. Estou moi contenta, moi feliz".

Opina que "non é fácil xogar tantos partidos nun Club, estar tanto tempo nun sitio pero era o meu obxectivo, buscar esta estabilidade tanto persoal como profesional. E téñoo todo aquí".

A dianteira brasileira insiste en que "o traballo do día a día levoume a estar onde estou agora. E estou moi contenta", reitera.

Finalmente, do choque ante o Granada CF indica que foi "un partido moi completo do equipo. Soubemos sufrir cando nos tocou, tivemos personalidade. Tivemos o balón, soubemos o que facer en cada momento do partido. Foron importantes os goles que metemos".