RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

Marisa tardou 3 minutos en marcar un gol a Inglaterra coa selección española sub-20

-Foto:@rfef.es

 

Marisa García (na foto co dorsal 9) está concentrada coa selección española sub-20 na localidade alacantina de Alfaz del Pi.

Durante este período están previstos 3 encontros amigables do combinado nacional.

O primeiro deles foi este sábado 28 de febreiro ante Inglaterra.

A dianteira do Dépor ABANCA foi titular e tardou tan só 3 minutos en marcar o primeiro gol do partido, ao aproveitar un balón solto na área pequena inglesa.

Foi relevada por Elene Gurtubay no descanso.

Venceu España por 3-1 nun resultado de moito mérito ante un rival moi potente.

A segunda cita para a futbolista branquiazul será o martes 3 de marzo ás 12:00 ante México.

O calendario de partidos de Marisa, todos eles no Albin Garden Resort, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Sábado 28 de febreiro
ESPAÑA 3 - INGLATERRA 1

Martes 3 de marzo
12:00: ESPAÑA - MÉXICO

Venres 6 de marzo
11:00: ESPAÑA - PAÍSES BAIXOS

Marisa, na súa primeira temporada no Dépor ABANCA, leva 17 partidos, 6 deles como titular; e anotou 1 gol.