Fin de semana de descanso para o Dépor ABANCA, que regresa aos adestramentos o martes 3 de marzo
Cunha última sesión de traballo este venres 27 de febreiro no Dépor Training Center, o Dépor ABANCA puxo o punto e final á semana de adestramentos para o conxunto de Fran Alonso.
Os compromisos das seleccións nacionais motivaron un parón da competición en Liga F.
Con Marisa, Inês Pereira e Michi Apóstol xa con España sub-20, Portugal e Venezuela respectivamente, Espe Pizarro viaxa este sábado 28 á concentración de Uruguai.
Así pois, As Nosas descansarán até o martes 3 de febreiro coa volta aos adestramentos a partir das 11:00.