Kevin Cabado, finalizada a presentación de Hildah Magaia, valorou o mercado de inverno recentemente concluído.
Lembrou que "o Club ten un plan estratéxico marcado. Cada ano hai que dar un pouco máis. Este ano estamos dentro do obxectivos pero queremos seguir mellorando. Somos ambiciosos".
Pensa que "melloramos moito os rexistros respecto dos primeiros meses. Queremos que o equipo siga crecendo e que siga competindo como o está facendo máis aló dos resultados".
Ademais da chegada da dianteira surafricana, o responsable do Dépor ABANCA subliñou que "temos a saída de Cavanagh. Estaba a contar con poucos minutos. Transmítenos a súa inquietude e a súa predisposición a saír. Chéganos unha boa oferta do Ipswich Town con retorno económico por unha xogadora que estivo aquí poucos meses. Decidimos aceptala".
Indica que non se buscou un recambio porque "temos unha xogadora en cadro que pode asumir ese rol como é Vera. Cando a fichamos fálase de xogar de lateral incluso a temporada pasada. Xa o fixo en etapas anteriores, tanto no Alavés como no Atlético Osasuna. Ademais tiñamos 5 centrais puras en cadro cun cambio de sistema de 5 a 4".
Subliñou tamén "dúas recuperacións fundamentais como a de Lucía Rivas. Sabiamos que nos ía a achegar moitísimo e non lle podiamos tapar o espazo. E agora a de Henar, que está a adestrar ao 100%. Terémola dispoñible para o Barça (o domingo 15 de marzo ás 12:00 en ABANCA-RIAZOR) se non hai ningún sobresalto. Cremos que con isto temos un cadro suficientemente preparado para finalizar a temporada".
Nesta liña, Kevin Cabado recalcou que "tampouco lle queremos tapar o sitio a Paula Monteagudo. Tivo mala sorte coas lesións. No mellor momento da temporada tivo a lesión en Eibar. Pero no seu primeiro ano no primeiro equipo leva 3 goles xogando de lateral. Vainos a dar moitas alegrías e vainos a axudar de aquí ao final agora que está a volver ao seu mellor nivel".
Finalmente desvela que "hai conversacións abertas con varias xogadoras, algunhas máis avanzadas, outras menos. Pronto teremos novidades sobre algunha".
