RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

Primeira semana de traballo sen liga e xa sen as internacionais Inês Pereira, Marisa e Michi Apóstolo para o Dépor ABANCA

Primeira semana de parón ligueiro para o Dépor ABANCA debido aos compromisos das seleccións nacionais.

Por este motivo xa non estarán estes días no Dépor Training Center ás ordes de Fran Alonso nin Inês Pereira, citada con Portugal; nin Marisa, convocada coa selección española sub-20; nin Michi Apóstol, con Venezuela.

A outra internacional do primeiro cadro, Espe Pizarro, viaxará o sábado 28 de febreiro á concentración de Uruguai.

O técnico deportivista cre que estas 2 semanas de competición "vannos a vir ben. Hai xogadoras que non teñen ritmo competitivo. Concertamos un amigable. Henar xa pode empezar a ter minutos, aínda que sexa nun amigable. O mesmo con Hildah Magaia. Vénnos ben para incorporar a estas novas xogadoras, ter un cadro mesmo máis amplo".

O triunfo na Cidade Deportiva de Buñol ante o Levante UD deixou ás Nosas en 11ª posición con 23 puntos.

Este resultado asegura virtualmente, un ano máis, a presenza do Dépor ABANCA na Liga F. Un paso que consolida a estabilidade da estrutura feminina na elite e que reafirma o compromiso do RC Deportivo co desenvolvemento e a proxección do fútbol feminino como un dos eixos estratéxicos da entidade.

"Estamos nun bo momento e estamos a desexar xogar outra vez", asegura Fran Alonso.

A pesar de non haber competición, o corpo técnico dispuxo de 4 sesións de traballo no Dépor Training Center, con esta planificación:

Martes 24 de febreiro
10:45 h.

Mércores 25 de febreiro
11:00 h.

Xoves 26 de febreiro
11:00 h.

Venres 27 de febreiro
10:45 h.

Sábado 28 de febreiro
Descanso

Domingo 1 de marzo
Descanso