RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FUNDACIÓN

Visita institucional da RC Deportivo Fundación á Facultade de Ciencias do Deporte de Montenegro dentro do programa Erasmus+

A RC Deportivo Fundación realizou unha visita á Facultade de Ciencias do Deporte de Montenegro. 

O seu decano, Jovan Gardašević, e o profesor Bojan Mašanović exerceron de anfitrións da expedición deportivista.

Durante o encontro produciuse un enriquecedor intercambio de coñecementos e experiencias; ademais de presentarse o traballo que desenvolve a RC Deportivo Fundación nas súas diferentes áreas, así como os proxectos internacionais que se están impulsando actualmente. 

Así mesmo, ambas as entidades valoraron posibles vías de colaboración futura no ámbito académico, formativo e deportivo.

Estas mobilidades internacionais enmárcanse tamén dentro do programa Erasmus+, reforzando o compromiso do Club coa cooperación internacional, a formación e a creación de redes europeas.

A RC Deportivo Fundación estivo representada por Alex Espiñeira, coordinador de Proxectos Internacionais; e Lucía Otero, coordinadora de Proxectos Sociais.

A visita permitiu constatar o gran recoñecemento que o RC Deportivo mantén en Montenegro, especialmente ligado á súa traxectoria internacional. 

Neste sentido, púidose comprobar que aínda se lembra o partido disputado no ano 2005 fronte ao FK Budućnost Podgorica, un fito que segue moi presente na memoria deportiva do país e que reforza o vínculo histórico entre o Club e o fútbol montenegrino.