RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

Fran Alonso pide agora "tentar subir algún posto se seguimos traballando así"

Fran Alonso, após a vitoria en Valencia ante o Levante UD, pide "seguir crecendo, seguir remando e tentar subir algún posto se seguimos traballando así".

O técnico deportivista resalta que as levantinistas "xogábanse a vida. Entón apertaron moi ben, foron moi intensas. Como tomaban riscos, tivemos un par de oportunides moi claras no primeiro tempo e non as soubemos meter. Veu o gol nun desaxuste que tivemos. A clave foi o tanto do empate antes do descanso, irnos con diferentes sensacións. E logo lemos ben o partido. Custoulles moito desaxustarnos e todas as ocasións (delas) viñeron en desprazamentos en longo ou pelota parada".

Conclúe Fran Alonso na Ciudad Deportiva de Buñol que a vitoria "é merecida" aínda que admite que "o Levante UD fíxoo ben".