O partido do Dépor ABANCA B ante o Real Avilés Industrial, este domingo 22 de febreiro no Dépor Training Center, foi o choque máis destacado en ANOSACANTEIRA feminina.
As Nosas sumaron un punto (2-2) con dobrete de Karla Bermejo, que suma 3 goles en 4 partidos disputados até a data.
Con este resultado, as branquiazuis ocupan a 11ª posición con 20 puntos.
O filial recibiu ademais a nova convocatoria de Antía Veiga coa selección española sub-17, esta vez para disputar a Rolda 2 do Campionato de Europa.
Outras dúas canteirás, Lucía Rivas e Redru estiveron concentradas até este mércores 18 coa selección española sub-19 na localidade murciana de San Pedro del Pinatar.
Estes adestramentos serviron para preparar a Rolda 2 do Campionato de Europa que se disputará en marzo.
Completou a xornada do domingo 22 o triunfo por 3-1 do Orzán SD Xuvenil ante o CD Arenteiro, co que as orzanistas suma 16 puntos e prosegue a súa escalada na clasificación.
Este sábado 21 de febreiro competiron o resto de equipos.
En Tercera Federación, o Orzán SD Sub-21 empatou (0-0) ante o Bergantiños CF.
Como visitantes venceron o Orzán SD Cadete ante o CF Batallador SD (0-10), o Orzán SD Infantil A ante a SD O Val (0-7) e o Orzán SD Infantil B ante o Santa Cruz CF (1-3).
Os resultados da fin de semana foron os seguintes:
Segunda Federación
19ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B 2 (Karla Bermejo -2-) - REAL AVILÉS INDUSTRIAL 2
Tercera Federación
17ª xornada: ORZÁN SD SUB-21 0 - BERGANTIÑOS CF 0
Primera Autonómica
19ª xornada: ORZÁN SD XUVENIL 3 (Valentina Fernández e Daniela Barbanzán -2-) - CD ARENTEIRO 1
Liga Galega cadete
17ª xornada: CF BATALLADOR SD 0 - ORZÁN SD CADETE 10 (Alba García -7-, Daniela Arrojo, Antía Losada e unha futbolista rival en propia meta)
Liga Galega infantil
Grupo 1º, 16ª xornada: SD O VAL 0 - ORZÁN SD INFANTIL A 7 (Lucía Mosquera -2-, Daniela Arrojo -2-, Inés Neira, María López-Perales e Zoe Mahía)
Grupo 2º, 16ª xornada: SANTA CRUZ CF 1 - ORZÁN SD INFANTIL B 3 (Daniela Loureiro, Claudia García e Sasha Abigail)
