RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Terceiro partido sen perder do Dépor ABANCA B apoiado no acerto goleador de Karla Bermejo

O Dépor ABANCA sumou o seu terceiro partido sen coñecer a derrota ao empatar (2-2) este domingo 22 no Dépor Training Center ante o Real Avilés Industrial, xusto os encontros nos que foi titular Karla Bermejo (na foto inferior), a dianteira incorporada neste mercado de inverno cedida polo Racing Power da Primera División de Portugal.

Ante as asturianas, Karla fixo dobrete goleador e xa suma 3 goles nos seus 4 partidos xogados.

Foi titular Antía Veiga, convocada coa selección española sub-17 para disputar a Rolda 2 do Campionato de Europa.

Tamén actuaron de inicio Paula Novo e Redru; e na segunda parte Lucía Rivas. As 3 canteirás viaxaron co primeiro equipo a Valencia e tiveron minutos na segunda metade ante o Levante UD este sábado 21.

Ante o Real Avilés Industrial, un rival directo, por dúas veces foi capaz de igualar o partido As Nosas.

Con este resultado, o filial branquiazul suma 20 puntos situado na 11ª posición.

Deportivo ABANCA B: Antía Veiga, Sara Barreda, Noe Mayo (Lucía Mariño, min. 68), Paula Novo, Michi Apóstol (Laura Otero, min. 82), Carmen, Sonsoles, Redru (Sara Cercido, min. 68), Valbuena, Karla Bermejo e Jenny Corros (Lucía Rivas, min. 62)

A próxima semana non hai competición ligueira. Así pois, a proxima cita para o Deportivo ABANCA B será o sábado 7 de marzo ás 13:00 en Lezama ante o Athletic Club B.

Os resultados até a data do Dépor ABANCA B son os seguintes:

Deportivo ABANCA B 2 (Sara Cercido -2-) - Madrid CFF B 1
Bizkerre Club 0 - Deportivo ABANCA B 0
Deportivo ABANCA B 4 (Carmen, Laura Otero, Michi Apóstol e Laura Ruiz) - Atlético de Madrid C 1
Real Avilés Industrial 0 - Deportivo ABANCA B 1 (Michi Apóstol)
Deportivo ABANCA B 1 (Redru) - Real Sociedad B 2
RC Celta 1 - Deportivo ABANCA B 0
Real Racing Club 1 - Deportivo ABANCA B 0
Deportivo ABANCA B 0 - SD Eibar B 4
Sporting de Gijón 0 - Deportivo ABANCA B 2 (Laura Ruiz -2-)
Deportivo ABANCA B 1 (Laura Ruiz) - Athletic Club B 2
Deportivo ABANCA B 0 - Olímpico de León 3
Atlético Villalonga FF 0 - Deportivo ABANCA B 0
Deportivo ABANCA B 0 - Burgos CF 1
Atlético de Madrid C 0 - Deportivo ABANCA B 0
Deportivo ABANCA B 1 (Jenny Corros) - Bizkerre Club 6
Real Sociedad B 5 - Deportivo ABANCA B 0
Deportivo ABANCA B 1 - Real Racing Club 0
Madrid CFF B 2 - Deportivo ABANCA B 2 (Jenny Corros e Carmen)
Deportivo ABANCA B 2 (Karla Bermejo -2-) - Real Avilés Industrial 2