O partido do Dépor ABANCA B ante o Real Avilés Industrial, o domingo 22 de febreiro ás 17:00 no Dépor Training Center, é o choque máis destacado en ANOSACANTEIRA feminina.
As Nosas chegan ao encontro após o empate da pasada fin de semana na súa visita ao Madrid CFF B e coa nova convocatoria de Antía Veiga coa selección española sub-17, esta vez para disputar a Rolda 2 do Campionato de Europa.
Ademais, outras dúas canteirás, Lucía Rivas e Redru estiveron concentradas até este mércores coa selección española sub-19 na localidade murciana de San Pedro del Pinatar.
Estes adestramentos servirán para preparar a Rolda 2 do Campionato de Europa que se disputará en marzo.
Completa a xornada do domingo 22 o encontro do Orzán SD Xuvenil ante o CD Arenteiro, ás 18:00 na Torre.
Este sábado 21 de febreiro competiron o resto de equipos.
En Tercera Federación, o Orzán SD Sub-21 (na foto principal da noticia) empatou (0-0) ante o Bergantiños CF.
Como visitantes venceron o Orzán SD Cadete ante o CF Batallador SD (0-10), o Orzán SD Infantil A ante a SD O Val (0-7) e o Orzán SD Infantil B ante o Santa Cruz CF (1-3).
O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:
Segunda Federación
19ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B - REAL AVILÉS INDUSTRIAL, o domingo 22 de febreiro ás 17:00 no Dépor Training Center
Tercera Federación
17ª xornada: ORZÁN SD SUB-21 0 - BERGANTIÑOS CF 0
Primera Autonómica
19ª xornada: ORZÁN SD XUVENIL - CD ARENTEIRO, o domingo 22 de febreiro ás 18:00 na Torre (campo 2)
Liga Galega cadete
17ª xornada: CF BATALLADOR SD 0 - ORZÁN SD CADETE 10 (Alba García -7-, Daniela Arrojo, Antía Losada e unha futbolista rival en propia meta)
Liga Galega infantil
Grupo 1º, 16ª xornada: SD O VAL 0 - ORZÁN SD INFANTIL A 7 (Lucía Mosquera -2-, Daniela Arrojo -2-, Inés Neira, María López-Perales e Zoe Mahía)
Grupo 2º, 16ª xornada: SANTA CRUZ CF 1 - ORZÁN SD INFANTIL B 3 (Daniela Loureiro, Claudia García e Sasha Abigail)
