Antonio Hidalgo resaltou na sala de prensa "o empuxe de ABANCA-RIAZOR e a enerxía que nos dá porque isto vai de ter enerxía".
O técnico deportivista lembra que "se crece moito mellor sobre vitorias, importantísima para seguir no grupo de arriba" e advirte que "temos que seguir mellorando moitas cousas porque temos que ser regulares en 90 minutos. O plan de partido sae durante moitos minutos pero iso témolo que alargar, sobre todo cando te pos por diante. E máis en ABANCA-RIAZOR".
Insiste en "facernos fortes en ABANCA-RIAZOR con #ANOSAFORZA sabendo que temos que puír cousas. É unha vitoria para seguir na parte de arriba, para non descolgarche. Vai haber encontros entre rivais da parte alta. Iso tennos que dar esa tranquilidade".
Antonio Hidalgo apunta que a SD Eibar "empuxounos bastante. Viña no mellor momento da temporada, sometendo a equipos da parte alta como o Real Racing o outro día. Hai que darlle moita importancia á vitoria porque esta categoría che di que nos momentos ou os días que non estás tan ben sumar de 3 é crucial".
