RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

O Dépor consegue ante a SD Eibar unha vitoria polo mínima pero "importantísima para seguir aí arriba"

O Dépor venceu por 1-0 á SD Eibar este sábado 21 de febreiro en ABANCA-RIAZOR, en partido correspondente á 27ª xornada en LaLiga Hypermotion.

Con este resultado, Os Nosos suman 46 puntos e seguen no grupo de cabeza.

"Honestamente fomos superiores", afirmou Beñat San José, técnico da SD Eibar, na rolda de prensa pospartido antes de "felicitar aos meus xogadores".

Pola súa banda, Antonio Hidalgo cualifica a vitoria como "importantísima para seguir aí arriba pero sabendo que cando te pos por diante tes que xestionar todo moito mellor".

Nos branquiazuis foi baixa por sanción Quagliata, relevado por Escudero no once inicial.

Antonio Hidalgo introduciu outro cambio respecto ao once do pasado domingo en Castellón: Villares suplía a Jose Ángel.

Bil foi o representante de ANOSACANTEIRA.

Pola súa banda, a SD Eibar chegaba coas baixas por sanción de Arbilla e Olaetxea; ademais de Alkain, traspasado esta semana ao FC Karpaty Lviv ucraíno.

Ao minuto xogo, Cubero salva o primeiro ao sacar in extremis in saque de esquina directo de Escudeiro.

Pouco despois, Villares cabecea lixeiramente alto un bo centro desde a esquerda.

Respondeu o Eibar aos 9 minutos cun contragolpe de Martón que salva Ferllo sacando unha man abaixo. O atacante eibarrés rematou ao lateral da rede en rexeite posterior. 

Os azulgrana esperaban en campo propio para saír á contra.

Probou fortuna Corpas desde moi lonxe. O seu disparo, con potencia, foise rozando o pau dereito da portería deportivista.

Adiantouse o Dépor aos 16 minutos: xogada persoal de Mario Soriano, que se marcha de dous rivais, e cede atrás para que Eddahchouri remate a pracer.

"Empezamos moi ben, entendendo o que requiría o partido. O noso plan do partido até o gol era o que queriamos con e sen balón. A partir do gol sufrimos demasiado", admitiu o preparador branquiazul.

A SD Eibar foise a polo empate e, sen crear ocasións claras, si inquietou a meta branquiazul principalmente con centros laterais.

O adestrador do Dépor apuntou que "o rival modificou posicións. Beñat é un adestrador que non para de cambiar situacións. Empuxáronnos. Tivemos que cambiar a posición de David Mella (pasou á esquerda e Yeremay á dereita) porque Cubero nos estaba facendo algo de dano".

Con 1-0 chegouse ao descanso.

Após o paso polos vestiarios saíu a SD Eibar co dominio do partido.

Aos 49 minutos, Jair cabecea lixeiramente alto unha falta lateral. 

Aos poucos o Dépor foise sacudindo o dominio.

Aos 61 minutos, Villares remata fóra por pouco unha boa acción con Yeremay.

No outro área, Edu Ares perdoou o empate. Cóase na área pero tropézase á hora de rematar ante Ferllo.

De novo Adu Ares, no 65 cóase na área deportivista. O seu chute, após tocar nun defensor, estrélase no pau dereito da portería do Dépor e vaise ás mans do gardameta deportivista, que xa estaba superado.

Apertaba a SD Eibar en busca do empate.

Reacciona Hidalgo desde o banco coa entrada de Patiño, Jose Ángel e Mulattieri por Riki, Villares e Eddahchouri.

"Hoxe é un día no que o banco nos deu ese balón que necesitabamos para pasar os últimos 10, 15 minutos", opinou o técnico deportivista.

Mulattieri rouba un balón no minuto 83 e o seu disparo, escorado, sácao Manugagoitia co pé. O balón cae a Patiño que xuta alto con todo a favor.

De novo Patiño culminou unha boa transición deportivista cun disparo raso que sacou de novo o porteiro eibarrés.

Á desesperada tentou o conxunto vasco a igualada.

De feito, o último remate entre os 3 paus do equipo que prepara Beñat San José foi unha cabezada do porteiro Manugagoitia que atallou Ferllo na mesma liña.

O encontro acabou con tensión, con reparto de tarxetas a cargo do colexiado (4 en 6 minutos) e coa expulsión de Yeremay por dobre cartón amarelo. O canteirán perderase a visita á Real Sociedad B.

Deportivo: Ferllo, Alti, Lucas Noubi, Loureiro, Escudero (Ximo Navarro, min. 72), Riki (José Ángel, min. 67), Villares (Patiño, min. 67), Mario Soriano, Mella (Luismi Cruz, min. 77), Yeremay e Eddahchouri (Mulattieri, min. 67)

SD Eibar: Manugagoitia, Cubero (Álvaro, min. 87), Javi (Guruzeta, min. 67), Sergio (Bautista, min. 81), Nolaskoain, Jair Jr. (Magunazelaia, min. 87), Corpas, Adu Ares (Mada, min. 67), Martón, Marco Moreno e Aleix Garrido

Árbitro: Manuel Jesús Orellana, do comité andaluz. Amoestou a Escudero (min. 64), Luismi Cruz (min. 89), Yeremay (min. 90 e min. 96), Marco Moreno (min. 90) Lucas Noubi (min. 93) e Loureiro (min. 95)

Goles: 1-0 Eddahchouri (min. 16)

Incidencias: partido disputado en ABANCA-RIAZOR ante 22.684 espectadores