RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Riki lembra que nas segundas voltas todos os equipos "xóganse moito" e Villares, que "todos soben un puntiño"

Riki e Villares pasáronse pola zona mixta de ABANCA-RIAZOR.

O futbolista asturiano cre que na segunda volta de LaLiga Hypermotion o sufrimento "vai ser a tónica habitual. As vitorias saben mellor despois de sufrilas".

Apunta que "estamos contentos polo resultado. Sabiamos que despois da derrota do outro día había que volver gañar. Fíxose así. Agora a San Sebastián a seguir".

Riki insiste en que "todos os equipos xóganse moito e vai ser difícil. Nós temos esa necesidade de gañar en ABANCA-RIAZOR e ás veces pódenos pesar. Canto antes xoguemos máis liberados será mellor para todos".

Pola súa banda, Diego Villares sostén que "estamos contentos polos 3 puntos que sempre son importantes sobre todo neste tramo final que todos os equipos soben un puntiño. Cada vitoria é máis importante que a anterior. Si que sufrimos un pouco máis do que nos gustaría".

O capitán deportivista explica que "eles coa súa defensa de 5 saltaban moito por dentro, en noso reinicio emparellaban e tivemos que xogar máis en longo do que nos gustou".

De volta ao once inicial, afirma que Antonio Hidalgo pediulle que "con balón estivese máis alto que Mario Soriano, que Mario Soriano estivese máis preto de Riki para chegar con máis xente cando pisásemos área. E nesas chegadas por banda de Yeremay e Mella poder buscar máis a área".