RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Antonio Hidalgo lembra que "o equipo está 4º, en play off, facendo cousas ben, facendo o traballo marcado a principio de temporada"

Antonio Hidalgo manifestou na sala de prensa do Dépor Training Center que "o importante agora é xestionar a presión. Esa é a clave, como saibamos xestionar iso entre todos: xogadores, corpo técnico, afección, prensa..."

Pide "levalo á beira positiva. Estamos nun momento importante da temporada. O equipo está a facer unha boa campaña; está en posicións dentro do obxectivo, que era pelexar por estar entre os 6 primeiros. Está a darse".

O técnico deportivista confesa que "me gustaría que fósemos máis regulares e iso é o que tentamos. Queremos seguir mellorando diferentes facetas do xogo".

Móstrase convencido que "canto máis xuntos esteamos todos moito máis sinxelo vai ser".

Insiste en que após 26 xornadas "o equipo está 4º, en play off, facendo cousas ben, facendo o traballo marcado a principio de temporada. Hai que polo en valor".

Iso si, Antonio Hidalgo recoñece que "non estiven en sitios que teñan unha dimensión da Coruña. Aos poucos vouno entendendo, asumindo. Prefiro ver as cousas de maneira positiva. Temos que mellorar moitas cousas? Si. Podemos facer moito mellor as cousas? Tamén".

Advirte que "equipos como o que vén esta semana (a SD Eibar) xoga moi ben ao fútbol e vainos a pór as cousas moi complicadas" e pide "saber a dificultade, abrazala, ter un pouco de sufrimento".

Resalta que "está encantado de estar na Coruña, de poder pertencer ao Dépor porque cada mañá cando vés aquí (ao Dépor Training Center)  témolo todo. Non podemos estar en mellor sitio neste momento nun Club en España".

Finalmente da SD Eibar, rival este sábado 21 de febreiro ás 16:15 (LaLiga TV, TVG, GOL e Cayo TV) no Dépor Training Center, afirma que "é un equipo con moitas variantes tácticas durante o partido. Iso faiche estar a axustar constantemente. O seu adestrador iso faio perfectamente. A SD Eibar aos poucos foi atopando a súa idea de xogo. Vén con confianza, sumando máis puntos nas últimas xornadas. Estivo en malos momentos. Soubo aguantar eses malos momentos e vén seguramente no mellor momento da temporada".