David Mella: "Estamos aí arriba, onde queremos estar"
David Mella admitiu na sala de prensa do Dépor Training Center que "todos pensamos en mellorar os resultados en ABANCA-RIAZOR. Imos tentar dalo todo como o estamos facendo e a ver se podemos conseguir os máximos puntos posibles". "En casa non somos os mellores do mundo pero aos poucos estamos a mellorar o que é xogar en ABANCA-RIAZOR", engadiu.
Iso si, subliña que "estamos aí arriba, onde queremos estar. Quedan bastantes puntos por disputar e a ver se conseguimos os 3 puntos esta fin de semana, e pómonos un pouco máis arriba".
Admitiu que a derrota ante o CD Castellón deixoulle "enfadado, triste por non conseguir os 3 puntos que che puñan 2º. Tes o día de descanso o luns, o martes analizas o partido e ves os erros para poder mellorar, e o mércores xa cambias a cara para facer un bo partido esta fin de semana".
O canteirán lembra que o conxunto levantino "é o máis en forma da liga" e apunta que fallaron "as decisións no último tramo, un mellor control, un tiro de primeiras... Un pouco todo en xeral. Noutras ocasións éntrache todo e nestas non está a entrar ningunha".
Finalmente Mella vaticina un partido ante a SD Eibar este sábado 21 de febreiro ás 16:15 (LaLiga TV, TVG, GOL e Cayo TV) en ABANCA-RIAZOR "bastante disputado. Eles presionan bastante arriba. Vai ser un partido de moitos duelos".