O partido do Dépor ante a SD Eibar, declarado "Día DÉ..." Loita contra o Cancro Infantil
O partido do Dépor deste sábado 21 de febreiro ás 16:15 ante a SD Eibar (LaLiga TV, TVG, GOL e Cayo TV) foi declarado polo RC Deportivo como "O Día DÉ..." Loita contra o Cancro Infantil.
Esta fin de semana en ABANCA-RIAZOR non se xogará só un partido. Xogarase algo moito máis grande.
Será unha xornada para abrazar co corazón aos nenos e nenas que loitan cada día cunha forza que inspira, emociona e ensínanos o que significa non renderse xamais.
ABANCA-RIAZOR encherase de aplausos que soen a ánimo, de cores que representen esperanza e dunha afección que demostre que, xuntos, ningún reto é demasiado grande.
Hai partidos que se xogan no campo... e outros que se gañan entre todos.
En cada encontro en ABANCA-RIAZOR esta temporada tanto do Dépor como do Dépor ABANCA, máis da metade das localidades do Palco de Honra serán destinadas a un colectivo da cidadanía ou a un sector de #ANOSAFORZA, para facer a entidade máis próxima, dar protagonismo á masa social deportivista e agradecer o seu excepcional apoio unha temporada máis.