O partido do Dépor en ABANCA-RIAZOR deste domingo 8 de febreiro ás 16:15 ante o Albacete Balompié (LaLiga TV Hypermotion e Fútbol 2, dispoñible en DIGI TV e outras plataformas) foi declarado polo RC Deportivo como "O Día DÉ..." Loita contra o Cancro, aproveitando o Día Mundial contra o Cancro fixado cada ano o 4 de febreiro.
Este 'Día DÉ' non só animamos ao Dépor fronte ao Albacete Balompié. Tamén levantamos a voz por quen loitan cada día a batalla máis dura.
O fútbol une, emociona, dá forza e así convertemos ABANCA-RIAZOR nun berro de esperanza polos que están a loitar, polos que xa gañaron, polos que sempre estarán.
Por este motivo, ante o conxunto manchego destinaranse prazas do Palco de Honra do Estadio a representantes da Asociación Española contra o Cancro (AECC) en recoñecemento á súa loita contra esta enfermidade.
En cada encontro en ABANCA-RIAZOR esta temporada tanto do Dépor como do Dépor ABANCA, máis da metade das localidades do Palco de Honra serán destinadas a un colectivo da cidadanía ou a un sector de #ANOSAFORZA, para facer a entidade máis próxima, dar protagonismo á masa social deportivista e agradecer o seu excepcional apoio unha temporada máis.
