Sen día de descanso, posto que este luns 16 de febreiro o Dépor regresou de Castellón, vía Valencia, Os Nosos completaron este martes 17 o primeiro adestramento da semana.
Antonio Hidalgo dividiu ao seu cadro en 2 grupos.
Os titulares no Estadio SkyFi Castalia o pasado domingo tiveron xornada de recuperación física, cunha activación no céspede e a continuación ximnasio e fisioterapia.
Para os demais membros do cadro a mañá foi de alta intensidade, con roldo, un exercicio de posición con porterías pequenas, unha tarefa de finalizacións e fútbol reducido para concluír.
Dani Estévez foi o representante de #ANOSACANTEIRA.
O Dépor continuará este mércores 18 de febreiro ás 10:30 coa preparación da súa seguinte liga ligueira, o sábado 21 de febreiro ás 16:15 (LaLiga TV, TVG, GOL e Cayo TV) en ABANCA-RIAZOR ante a SD Eibar.
