RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

ABANCA-RIAZOR prepárase para un gran ambiente este sábado xa desde a chegada do autocar do Dépor ao estadio ás 17:00 horas

ABANCA-RIAZOR prepárase para acoller unha gran xornada de fútbol esta fin de semana con motivo do Dépor - Málaga CF deste sábado 4 de abril ás 18:30.

Con todas as entradas vendidas e con só dispoñibles en ticketing.rcdeportivo.es os asentos que os abonados e abonadas que non poidan acudir liberen picando nesta ligazón, ANOSAFORZA volveu a demostrar que nunca falla. 

Antonio Hidalgo asegurou na rolda de prensa oficial que "necesitamos a #ANOSAFORZA, que nos empuxe, que nos axude neses momentos de dificultade cando o futbolista máis o necesita"

E o deportivismo respondeu enchendo este sábado 4 de abril cada asento, cada recuncho, cada alma dun estadio que se converterá nunha caldeira.

O Málaga CF en fronte terá algo máis que 11 xogadores de branquiazul: terá a todo un ABANCA-RIAZOR empuxando, crendo, soñando.

A recado os futbolistas branquiazuis xa recibirán o aplauso e o agarimo dos afeccionados á súa chegada ás 17:00 en autocar á porta 0 (Avenida Manuel Murguía).

Para a seguridade de todos, e por indicación das autoridades, o RC Deportivo lembra que está terminantemente prohibido o uso de calquera tipo de pirotecnia nos arredores de ABANCA-RIAZOR. 

Así mesmo, rógase respectar en todo momento o valado de seguridade e as indicacións dos corpos de seguridade, co obxectivo de garantir que a xornada, declarada de alto risco, transcorra con normalidade.

Por este motivo, as portas de ABANCA-RIAZOR abriranse ás 17:30.

O RC Deportivo agradece a colaboración e o traballo das autoridades e dos dispositivos de seguridade que velan pola seguridade de ANOSAFORZA.