Fran Alonso afirma que un triunfo "sería un paso máis no noso obxectivo, que é acabar o máis alto posible"
Fran Alonso manifestou este venres 20 de febreiro na sala de prensa do Dépor Training Center que "o ano pasado plantexamentos contra equipos grandes eran plantexamentos bastante máis defensivos, máis para facerlles dano na transición. Este ano estamos a afrontar os partidos dunha maneira moi valente, tomando moitos riscos atrás porque queremos os 3 puntos".
O técnico deportivista ve ao seu equipo "con cambios ofensivos cando o resultado é de empate. Ás veces sáenos ben e ás veces sáenos mal".
Cre que os partidos ante rivais máis directos, da zona baixa da táboa, "convértense en máis importantes polos puntos, pola diferenza de goles nun posible empate. O Levante UD entra nese grupo de rivais directos".
Admite que gañar ao Levante UD este sábado 21 de febreiro ás 12:00 (Dazn) na Ciudad Deportiva de Buñol "poríanos cunha diferenza moi grande cos partidos que quedan. Sería un paso máis no noso obxectivo que é acabar o máis alto posible. Non nos vimos nunca coa auga ao pescozo como o ano pasado, que era un obxectivo principal. Pero temos máis calidade do que demostramos na primeira volta. E niso estamos, en ir partido a partido, tentar sumar os 3 puntos e os últimos 2 meses de competición ver por que obxectivo podemos loitar; pero sen perder de vista que o máis importante é non sufrir nin meterse nesa pelexa de cheo".
Finalmente Fran Alonso, que di descoñecer o estado do céspede, alerta do vento: "É un campo que non é moi grande, con moito vento, que condiciona moitas veces os partidos. Temos que estar a un nivel de concentración moi alto".