María Luisa García Antolín (Madrid, 22 de xuño de 2006), coñecida futbolísticamente como Marisa García, estréase na selección española sub-20 como xogadora do Deportivo ABANCA.
Será con motivo dunha concentración do 28 de febreiro ao 6 de marzo na localidade alacantina de Alfaz del Pi, con 3 amigables previstos ante Inglaterra, México e Países Baixos.
O calendario de partidos da dianteira deportivista, todos eles no Albin Garden Resort, é o seguinte:
Sábado 28 de febreiro
12:00: ESPAÑA - INGLATERRA
Martes 3 de marzo
12:00: ESPAÑA - MÉXICO
Venres 6 de marzo
11:00: ESPAÑA - PAÍSES BAIXOS
Marisa, na súa primeira temporada no Dépor ABANCA, leva 17 partidos, 6 deles como titular; e anotou 1 gol.
Arrinca a clasificación para o Mundial 2027 para Inês Pereira e a selección portuguesa
#ASNOSAS
Fran Alonso afirma que un triunfo "sería un paso máis no noso obxectivo, que é acabar o máis alto posible"
#ASNOSAS
Partido ante o Barça en ABANCA-RIAZOR para As Nosas o domingo 15 de marzo ás 12:00 despois dun parón ligueiro de dúas semanas
#ASNOSAS
Un Dépor ABANCA "nun bo momento" visita ao Levante UD este sábado con Hildah Magaia, que "podería entra en convocatoria e podería xogar"
#ASNOSAS
