RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Lucía Rivas e Redru incorpóranse este xoves 19 aos adestramentos do Dépor ABANCA após o seu paso pola selección española sub-19

Lucia Rivas (na foto da noticia) e Paula Redruello 'Redru' estiveron concentradas coa selección española sub-19 con motivo duns adestramentos na localidade murciana de San Pedro del Pinatar desde o pasado luns 16.

Así pois, ambas as futbolistas repiten citación, posto que xa se exercitaron con este combinado nacional o pasado mes de xaneiro na Ciudad del Fútbol de Las Rozas (Madrid).

Estas novas xornadas de adestramento serviron para preparar a Rolda 2 de clasificación para a fase final do campionato de Europa da categoría de Bosnia e Herzegovina.

Os rivais das españolas nesa Rolda 2 serán Portugal, Irlanda del Norte e Hungría.

As dúas canteirás incorporaranse este xoves 19 aos adestramentos co Dépor ABANCA.

Lucía Rivas, ademais de internacional sub-16, proclamouse campioa de Europa sub-17.

Debutou co primeiro equipo o 7 de xaneiro de 2024 no Dépor Training Center ante o CD Alba Fundación Femenino. Esta mesma temporada (2023-24), participou noutros 8 encontros co Deportivo ABANCA en Primera Federación Iberdrola.

Despois de superar unha lesión de xeonllo que a tivo varios meses á marxe do grupo, esta temporada Lucía Rivas suma 8 partidos en Liga F, 4 deles como titular, nos que anotou 1 gol.

No Dépor ABANCA B de Segunda Federación acumula 7 partidos, 5 deles como titular.

Pola súa banda, Paula Redruello 'Redru' participou esta temporada en Liga F en 12 partidos, 3 deles como titular.

No filial a xogadora asturiana leva 10 partidos, todos eles formando de inicio.