O partido do Dépor ABANCA B ante o Real Avilés Industrial, o domingo 22 de febreiro ás 17:00 no Dépor Training Center, é o choque máis destacado en ANOSACANTEIRA feminina.
As Nosas chegan ao encontro após o empate da pasada fin de semana na súa visita ao Madrid CFF B e coa nova convocatoria de Antía Veiga coa selección española sub-17, esta vez para disputar a Rolda 2 do Campionato de Europa.
Ademais, outras dúas canteirás, Lucía Rivas e Redru estiveron concentradas até este mércores coa selección española sub-19 na localidade murciana de San Pedro del Pinatar.
Estes adestramentos servirán para preparar a Rolda 2 do Campionato de Europa que se disputará en marzo.
Completa a xornada do domingo 22 o encontro do Orzán SD Xuvenil ante o CD Arenteiro, ás 18:00 na Torre.
O sábado 21 compiten o resto de equipos.
En Tercera Federación, o Orzán SD Sub-21 recibe ao Bergantiños CF, ás 16:00 na Torre.
Como visitantes xogan o Orzán SD Cadete ante o CF Batallador SD (18:00 en San Pedro de Visma), o Orzán SD Infantil A ante a SD O Val (12:00 en O Sinde B, Narón) e o Orzán SD Infantil B ante o Santa Cruz CF (12:30 no campo Leonardo Maceiras en Os Regos, Oleiros).
O calendario de partidos é o seguinte:
Segunda Federación
19ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B - REAL AVILÉS INDUSTRIAL, o domingo 22 de febreiro ás 17:00 no Dépor Training Center
Clasificación: 8. Madrid CFF B e Atlético de Madrid C, 21 puntos; 10. Bizkerre Club (un partido menos) e Deportivo ABANCA B, 19 puntos; 12. Olímpico de León (un partido menos), 16 puntos; 13. Real Avilés Industrial, 12 puntos...
Tercera Federación
17ª xornada: ORZÁN SD SUB-21 - BERGANTIÑOS CF, o sábado 21 de febreiro ás 16:00 na Torre (campo 2)
Clasificación: ... 5. Bergantiños CF, 29 puntos; 6. Victoria FC, 28 puntos; 7. Orzán SD Sub-21, 20 puntos; 8. EFM Concello de Boiro, 19 puntos...
Primera Autonómica
19ª xornada: ORZÁN SD XUVENIL - CD ARENTEIRO, o domingo 22 de febreiro ás 18:00 na Torre (campo 2)
Clasificación: ... 8. CD Arenteiro, 24 puntos... 12. UD Carral, 16 puntos; 13. Orzán SD Xuvenil, 13 puntos; 14. SCD Pastoriza, 12 puntos...
Liga Galega cadete
17ª xornada: CF BATALLADOR SD - ORZÁN SD CADETE, o sábado 21 de febreiro ás 18:00 en San Pedro de Visma (campo 1)
Clasificación: 1. Victoria CF, 40 puntos; 2. Orzán SD Cadete, 38 puntos; 3. SCD Milagrosa, 36 puntos... 10. CF Batallador SD, 14 puntos...
Liga Galega infantil
16ª xornada: SD O VAL - ORZÁN SD INFANTIL A, o sábado 21 de febreiro ás 12:00 en O Sinde B (Narón)
Clasificación do grupo 1º: 1. Orzán SD Infantil A, 37 puntos; 2. Racing de Ferrol, 34 puntos... 7. SD O Val (un partido menos), 10 puntos...
16ª xornada: SANTA CRUZ CF - ORZÁN SD INFANTIL B, o sábado 21 de febreiro ás 12:30 no campo Leonardo Maceiras (Os Regos, Oleiros)
Clasificación do grupo 2º: ... 3. Bergantiños CF, 31 puntos; 4. Orzán SD Infantil B e UD Cerqueda, 23 puntos; 6. AD Cristo Rey, 22 puntos... 8. Santa Cruz CF, 13 puntos...
