ANOSACANTEIRA retoma a competición após o parón da Semana Santa.
A fin de semana arrincará o sábado 8 cunha apaixonante xornada.
No campo Arsenio Iglesias ás 11:30 o Xuvenil A, 2º na táboa, mídese ao Real Racing Club (4º); e ás 12:00 no campo 8 do Dépor Training Center o Infantil (líder da División de Honra) ao ED Val Miñor Nigrán (2º).
Ás 11:45, o San Tirso SD Cadete recibe no Monte ao Racing de Ferrol.
Fóra de casa o Xuvenil B enfróntase en Santa Isabel ao CD Conxo Santiago (18:00).
Ademais, na Torre en fútbol 8 o Alevín A enfróntase ao Atlético Coruña Montañeros CF (12:00), o Fabril FC Alevín ao Ural Español CF (14:00) e o Fabril FC Benxamín ao Ural Español CF (9:00).
Para a xornada do domingo 12 de abril queda o prato forte en ANOSACANTEIRA.
O Fabril recibe á UD Ourense en ABANCA-RIAZOR ás 12:00 (YouTube RC Deportivo).
O filial deportivista, coa súa goleada en Burgos (1-4), chega ao encontro con 63 puntos por 54 puntos do segundo clasificado, o Oviedo Vetusta; é dicir, 9 puntos de vantaxe a favor dos fabrilistas con 12 en xogo.
A mala noticia da semana é a lesión de Hugo Ríos. O capitán será intervido cirurxicamente este xoves 8 de abril no Hospital Quirónsalud por parte do traumatólogo Óscar Gayoso da súa lesión no ligamento lateral externo do seu xeonllo dereito.
O capitán únese así ás baixas de Damián Canedo, Manu Ferreiro, Garrido e Pablo Cortés.
Iso si, regresan de sanción Nájera e Enrique.
Os socios e socias xa poden retirar a súa entrada gratuíta e obrigatoria a través da web ticketing.rcdeportivo.es, na que deberán introducir a súa ID de socio e o pin.
Abriranse en principio as bancadas de Preferencia Inferior e Marathón Inferior.
A medida que se vaian esgotando habilitarase a continuación Preferencia Superior.
Tamén está habilitado o sistema de venda de entradas para o público en xeral, a través da mesma plataforma en ticketing.rcdeportivo.es e seguindo o preceptivo sistema de rexistro e pago de localidade.
O prezo de cada entrada para afeccionados sen carné do RC Deportivo é de 10 euros.
Completa a xornada do domingo 12 de abril a visita do San Tirso SD Infantil ao Racing de Ferrol ás 10:00 no campo de Aneiros, a do Alevín ao CD As Pontes en fútbol 11 ás 12:10 en O Poboado e a do Benxamín A ante o CD Calasanz ás 9:30 en San Pedro de Visma (campo 1).
E no Dépor Training Center o Cadete, que avantaxa en 1 punto ao RC Celta á fronte da División de Honra, xoga ante o CD Areosa (11:30).
Finalmente, o Benxamín A participa o sábado 11 de abril na primeira edición da Nudesa Cup no campo de fútbol Outeiriño - Joselu Mato en Silleda.
O calendario de partidos é o seguinte:
Segunda Federación
31ª xornada: FABRIL - UD OURENSE, o domingo 12 de abril ás 12:00 en ABANCA-RIAZOR
Clasificación: 1. Fabril, 63 puntos; 2. Oviedo Vetusta, 54 puntos... 4. UD Ourense, 48 puntos...
Categoría xuvenil
27ª xornada: XUVENIL A - REAL RACING CLUB, o sábado 11 de abril ás 11:30 no campo Arsenio Iglesias
Clasificación da División de Honra: 1. RC Celta, 66 puntos; 2. Xuvenil A, 61 puntos; 3. Sporting de Gijón, 52 puntos; 4. Real Racing Club, 44 puntos...
29ª xornada: CD CONXO SANTIAGO - XUVENIL B, o sábado 11 de abril ás 16:00 en Santa Isabel
Clasificación da Liga Nacional: 1. RC Celta B, 79 puntos; 2. Xuvenil B, 68 puntos; 3. CD Choco, 57 puntos... 13. CD Conxo Santiago, 31 puntos...
Categoría cadete
26ª xornada: CADETE - CD AREOSA, o domingo 12 de abril ás 11:30 no Dépor Training Center
26ª xornada: SAN TIRSO SD CADETE - RACING DE FERROL, o sábado 11 de abril ás 11:45 no Monte
Clasificación da División de Honra: 1. Cadete, 68 puntos; 2. RC Celta, 67 puntos; 3. San Tirso SD Cadete, 40 puntos; 4. Arosa SC, 38 puntos... 10. Racing de Ferrol, 31 puntos... 15. CD Areosa, 22 puntos...
Categoría infantil
26ª xornada: INFANTIL - ED VAL MIÑOR NIGRÁN, o sábado 11 de abril ás 12:00 no Dépor Training Center
26ª xornada: RACING DE FERROL - SAN TIRSO SD INFANTIL, o domingo 12 de abril ás 10:00 no campo de Aneiros (Ferrol)
Clasificación da División de Honra: 1. Infantil, 70 puntos; 2. ED Val Miñor Nigrán, 60 puntos... 4. CD Lugo, 42 puntos; 5. San Tirso SD Infantil e CD Conxo Santiago, 39 puntos; 7. CD Calasanz, 38 puntos... 9. Racing de Ferrol, 32 puntos...
Categoría alevín
8ª xornada: CD AS PONTES - ALEVÍN, o domingo 12 de abril ás 12:10 en O Poboado
Clasificación do Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11: 1. Alevín, 21 puntos; 2. CD Lugo e Atlético Coruña Montañeros CF, 18 puntos... 13. CD As Pontes, 1 punto...
27ª xornada: ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF - ALEVÍN A, o sábado 11 de abril ás 12:00 na Torre (campo 1.1)
27ª xornada: FABRIL FC ALEVÍN - URAL ESPAÑOL CF, o sábado 11 de abril ás 14:00 na Torre (campo 1.2)
Clasificación da Primera Futgal A Coruña: 1. Alevín A, 73 puntos; 2. Victoria CF, 67 puntos; 3. Fabril FC Alevín, 66 puntos; 4. Atlético Coruña Montañeros CF, 64 puntos... 6. Ural Español CF, 55 puntos...
Categoría benxamín
27ª xornada: CD CALASANZ - BENXAMÍN A, o domingo 12 de abril ás 9:30 en San Pedro de Visma (campo 1)
27ª xornada: FABRIL FC BENXAMÍN - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF, o sábado 11 de abril ás 9:00 na Torre (campo 2.1)
Clasificación da Primera Futgal A Coruña: 1. Benxamín A, 78 puntos; 2. CD Calasanz, puntos... 4. Ural Español CF, 58 puntos; 5. Fabril FC Benxamín, 57 puntos; 6. Atlético Coruña Montañeros CF, 54 puntos...
I Nudesa Cup no campo de fútbol Outeiriño - Joselu Mato (Silleda)
Sábado 11 de abril
Primera Fase
11:00: BENXAMÍN A - PONTEVEDRA CF
12:20: BENXAMÍN A - FAMALICAO FC
13:20: BENXAMÍN A - UD SANTA MARIÑA
14:00: BENXAMÍN A - SC BRAGA
16:00: BENXAMÍN A - EF SILLEDA
En función de clasificación, os equipos pasarán á Fase Final
