RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Resultados dos partidos oficiais de ANOSACANTEIRA; este domingo con nova goleada do Fabril, máis líder da Segunda Federación

A Semana Santa paralizou boa parte das competicións oficiais con só cita para 3 equipos de ANOSACANTEIRA.

Así, esta fin de semana só xogouse un partido con representación deportivista.

O Fabril non acusou as numerosas baixas por lesión (Damián Canedo, Manu Ferreiro, Garrido, Pablo Cortés e Hugo Ríos) e por sanción (Nájera) e goleou (1-4) ao Burgos CF Promesas na Cidade Deportiva de Castañares con tantos de Dipanda -2-, Domínguez e Mane.

Co empate do Oviedo Vetusta, o filial deportivista suma á fronte da táboa 63 puntos por 54 puntos os asturianos; é dicir, 9 puntos de vantaxe a favor dos fabrilistas con 12 en xogo.

O vindeiro domingo 12 de abril ás 12:00 (YouTube RC Deportivo) o Fabril recibe á UD Ourense en ABANCA-RIAZOR.

Os socios e socias xa poden retirar a súa entrada gratuíta e obrigatoria a través da web ticketing.rcdeportivo.es, na que deberán introducir a súa ID de socio e o pin.

Abriranse en principio as bancadas de Preferencia Inferior e Marathón Inferior.

A medida que se vaian esgotando habilitarase a continuación Preferencia Superior.

Tamén está habilitado o sistema de venda de entradas para o público en xeral, a través da mesma plataforma en ticketing.rcdeportivo.es e seguindo o preceptivo sistema de rexistro e pago de localidade. 

O prezo de cada entrada para afeccionados sen carné do RC Deportivo é de 10 euros.

Este venres 3 de abril houbo unha saída complicada para o Xuvenil A.

Os pupilos de Miguel Figueira empataron (3-3) en Mareo co Sporting de Gijón un partido no que chegaron a ir por detrás por 2-0 á media hora.

Con este resultado, o Xuvenil A suma 61 puntos na 2ª posición da División de Honra.

O primeiro en xogar esta semana foi o San Tirso SD Infantil, que empatou (1-1) este martes 31 de marzo no Monte co Arosa SC en partido correspondente á 16ª xornada que foi aprazado o 24 de xaneiro polo temporal.

Con este resultado os 'verdes' sitúanse en 5ª posición da División de Honra con 39 puntos.

Os resultados desta xornada reducida pola Semana Santa foron os seguintes:

Segunda Federación
30ª xornada: BURGOS CF PROMESAS 1 - FABRIL 4 (Dipanda -2-, Domínguez e Mane)

Categoría xuvenil
División de Honra, 26ª xornada (venres 3 de abril): SPORTING DE GIJÓN 3 - XUVENIL A 3 (Álvaro -2- e Lucas Castro)

Categoría infantil
División de Honra, 16ª xornada (martes 31 de marzo): SAN TIRSO SD INFANTIL 1 (Yago Fernández) - AROSA SC 1