RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Táboas en Mareo entre Sporting de Gijón e Xuvenil A como antesala dunha fin de semana con só un partido en ANOSACANTEIRA, o do Fabril en Burgos este domingo 5 ás 17:00 horas

A Semana Santa paraliza boa parte das competicións oficiais con só citas para 3 equipos de ANOSACANTEIRA.

Este venres 3 de abril houbo unha saída complicada para o Xuvenil A (na foto da noticia). 

Os pupilos de Miguel Figueira empataron (3-3) en Mareo co Sporting de Gijón un partido no que chegaron a ir por detrás con 2-0 á media hora.

Con este resultado, o Xuvenil A suma 61 puntos na 2ª posición da División de Honra.

Para a fin de semana queda o partido do Fabril, líder da Segunda Federación con 7 puntos de vantaxe sobre o 2º clasificado, o Oviedo Vetusta.

Os de Manuel Pablo visitan ao Burgos CF ás 17:00 na Cidade Deportiva de Castañares.

O filial recupera a Noé, ausente por sanción no choque ante o Atlético Astorga FC; aínda que seguen as baixas dos lesionados Damián Canedo, Vilela, Manu Ferreiro, Garrido, Pablo Cortés e Hugo Ríos, con molestias nun xeonllo; ademais de Nájera, sancionado.

O técnico fabrilista advirte que o conxunto burgalés "vén cunha serie positiva porque saben que están nunha situación complicada. Están a apertar como todos os equipos".

O primeiro en xogar esta semana foi o San Tirso SD Infantil, que empatou (1-1) este martes 31 de marzo no Monte co Arosa SC en partido correspondente á 16ª xornada que foi aprazado o 24 de xaneiro polo temporal.

Con este resultado os 'verdes' sitúanse en 5ª posición da táboa con 39 puntos.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Segunda Federación
30ª xornada: BURGOS CF PROMESAS - FABRIL, o domingo 5 de abril ás 17:00 na Cidade Deportiva de Castañares
Clasificación: 1. Fabril, 60 puntos; 2. Oviedo Vetusta, 53 puntos... 16. Burgos CF Promesas, 29 puntos...

Categoría xuvenil
26ª xornada: SPORTING DE GIJÓN 3 - XUVENIL A 3 (Álvaro -2- e Lucas Castro)
Clasificación da División de Honra: 1. RC Celta (un partido menos), 63 puntos; 2. Xuvenil A, 61 puntos; 3. Sporting de Gijón, 52 puntos...

Clasificación da Liga Nacional: 1. RC Celta B, 79 puntos; 2. Xuvenil B, 68 puntos; 3. CD Choco, 57 puntos...

Categoría cadete
Clasificación da División de Honra: 1. Cadete, 68 puntos; 2. RC Celta, 67 puntos; 3. San Tirso SD Cadete, 40 puntos; 4. Arosa SC, 38 puntos...

Categoría infantil
16ª xornada (martes 31 de marzo): SAN TIRSO SD INFANTIL 1 (Yago Fernández) - AROSA SC 1
Clasificación da División de Honra: 1. Infantil, 70 puntos; 2. ED Val Miñor Nigrán, 60 puntos... 4. CD Lugo, 42 puntos; 5. San Tirso SD Infantil e CD Conxo Santiago, 39 puntos; 7. CD Calasanz, 38 puntos... 

Categoría alevín
Clasificación do Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11: 1. Alevín, 18 puntos; 2. CD Lugo e Atlético Coruña Montañeros CF, 15 puntos...

Clasificación da Primera Futgal A Coruña: 1. Alevín A, 73 puntos; 2. Victoria CF, 67 puntos; 3. Fabril FC Alevín, 66 puntos; 4. Atlético Coruña Montañeros CF, 64 puntos...

Categoría benxamín
Clasificación da Primera Futgal A Coruña: 1. Benxamín A, 78 puntos; 2. CD Calasanz, puntos... 4. Ural Español CF, 58 puntos; 5. Fabril FC Benxamín, 57 puntos; 6. Atlético Coruña Montañeros CF, 54 puntos...