RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

ANOSACANTEIRA feminina volve á competición, con choque decisivo do Dépor ABANCA B no campo Arsenio Iglesias

Os equipos de ANOSACANTEIRA feminina regresan á competición despois do parón de Semana Santa.

O partido do Dépor ABANCA B ante o Atlético Villalonga FF, o sábado 11 de abril ás 19:00, é o choque destacado.

O filial deportivista, con 22 puntos, marcha na 11ª posición de Segunda Federación con 4 puntos de vantaxe sobre o descenso, ocupado por Olímpico de León e Real Avilés Industrial, ambos os equipos con 18 puntos.

Pola súa banda, as pontevedresas pechan a táboa con 8 puntos.

No partido da primeira volta disputado o pasado 7 de decembro houbo empate sen goles (0-0) no Estadio Novo San Pedro en Villalonga.

O RC Deportivo mantén activo o protocolo de apertura con rexistro de asistentes do campo Arsenio Iglesias.

Poden retirar entradas dispoñibles, até esgotar a bancada e sen ningún custo adicional, todos os socios e socias do RC Deportivo que o tramiten formalmente a través da web ticketing.rcdeportivo.es, na que deberán introducir a súa ID de socio e o pin. A continuación, seleccionar unha localidade libre e posteriormente completar os seus datos de contacto e a dirección de correo electrónico onde recibir a entrada.

Con eses mesmos datos doutras persoas socias, unha única pode retirar máis dunha entrada nunha soa xestión e, deste xeito, seleccionar asentos contiguos ou próximos.

Este procedemento ten dous fins: poder solicitar e recibir a entrada e, ademais, levar un control de repartición e localización na instalación.

O RC Deportivo solicita que unicamente tramiten a entrada aqueles socios e socias que vaian poder acudir ao partido, para evitar que queden afeccionados sen poder asistir unha vez completado a repartición dos asentos nun proceso 100 % telemático.

Tamén está habilitado o sistema de venda de entradas para o público en xeral, a través da mesma plataforma en ticketing.rcdeportivo.es e seguindo o preceptivo sistema de rexistro e pago de localidade. 

O prezo de cada entrada para afeccionados sen carné do RC Deportivo é de 5 euros.

Tamén xogan o domingo o Orzán SD Sub-21 en Tomiño (17:00) e o Orzán SD Xuvenil na Lavandeira (Culleredo) ante o Sporting Burgo (17:30).

Antes, o sábado 11 xogan as cadetes e infantís.

O Orzán SD Cadete enfróntase ao Sporting Burgo ás 20:00 na Lavandeira. As orzanistas (na foto da noticia) preséntanse ao encontro após conquistar a Fase de Plata da Ibercup de Cascais.

E na Torre ás 18:00 compiten o Orzán SD Infantil A ante o Victoria FC na Fase polo Título da Liga Galega e o B ante o EFF Sonnoia Portus Apostoli na Fase Plata.

O calendario de partidos é o seguinte:

Segunda Federación
24ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B - ATLÉTICO VILLALONGA FF, o sábado 11 de abril ás 19:00 no campo Arsenio Iglesias
Clasificación: ... 9. Atlético de Madrid C e Madrid CFF B, 26 puntos; 11. Deportivo ABANCA B, 22 puntos; 12. Real Avilés Industrial e Olímpico de León, 18 puntos; 14. Atlético Villalonga FF, 8 puntos

Tercera Federación
20ª xornada: TOMIÑO FC FEMENINO - ORZÁN SD SUB-21, o domingo 12 de abril ás 17:00 no campo de O Alivio
Clasificación: ... 8. Tomiño FC Femenino, 22 puntos; 9. Orzán SD Sub-21, 21 puntos; 10. SD O Val, 13 puntos...

Primera Autonómica
24ª xornada: SPORTING BURGO - ORZÁN SD XUVENIL, o domingo 12 de abril ás 17:30 no campo da Lavandeira
Clasificación: ... 11. Xallas FC e UD Carral, 24 puntos; 13. Orzán SD Xuvenil, 16 puntos; 14. SCD Pastoriza, 13 puntos...

Liga Galega cadete
22ª xornada: SPORTING BURGO - ORZÁN SD CADETE, o sábado 11 de abril ás 20:00 no campo da Lavandeira
Clasificación: ... 2. SCD Milagrosa, 51 puntos; 3. Orzán SD Cadete, 50 puntos; 4. Racing de Ferrol, 45 puntos... 8. Sporting Burgo, 25 puntos...

Liga Galega infantil
Fase polo Título, 2ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL A - VICTORIA FC, o sábado 11 de abril ás 18:00 na Torre (campo 2)

Fase Prata, 2ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL B - EFF SONNOIA PORTUS APOSTOLI, o sábado 11 de abril ás 18:00 na Torre (campo 3)