RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Paula Novo anima a ANOSAFORZA "a que veña para que nos axude a conseguir eses 3 puntos" ante o Atlético Villalonga FF

Paula Novo apuntou na sala de prensa do Dépor Training Center que o Dépor ABANCA B encara o encontro do sábado 11 de abril ás 19:00 no campo Arsenio Iglesias ante o Atlético Villalonga FF "con moitas ganas e ademais sabendo que é en casa imos sacalo adiante e conseguir os 3 puntos".

A capitá deportivista cre que "a pesar de non puntuar como queriamos nos últimos partidos estamos a competir moi ben e dando unha moi boa imaxe. Estamos a traballar para, o sábado, xogar ao nivel que sabemos e dalo todo como sempre".

Deu o parabén a Lucía Rivas e Redru, as dous internacionais sub-19 que se perden o encontro deste sábado ao estar concentradas con España aínda que confesa que "é unha alegría para nós que poidan ir a esta fase coa sub-19. Estamos moi tranquilas. Temos cadro dabondo e xogadoras para suplilas. As que esteamos o sábado estarémolo ao 100% para dar o máximo nivel".

Paula Novo cualifica o encontro como "o máis importante para nós. Oxalá podamos ver moita xente na bancada do campo Arsenio Iglesias. Animo a ANOSAFORZA a que veña para que nos axude a conseguir eses 3 puntos".

Finalmente, sobre a salvación matemática do Dépor ABANCA en Liga F, afirma que "era o noso primeiro obxectivo. Estamos moi contentas. Era algo que queriamos conseguir. Agora a afrontar este último tramo de liga para quedar o máis arriba posible".