RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

O San Tirso SD Infantil acaba 5º do Torneo André Almeida en Portugal e o Infantil ten cita ligueira este mércores en Santiago

O San Tirso SD Infantil (na foto principal da noticia) participou na localidade portuguesa de Ponte Frielas na 33ª edición do Torneo André Almeida.

Os deportivistas venceron por 0-3 ao UD Ponte de Frielas no partido pola 5ª ou 6ª posición.

Na Primera Fase, os rivais do San Tirso SD Infantil foron o CD Nacional, CF Os Belenenses e SL Benfica.

Este mércores 18 a cita é para o Infantil. Mídese ao CD Conxo Santiago a partir das 16:15 no campo da Merced en partido correspondente á 16ª xornada suspendida o pasado mes de xaneiro polo temporal.

Xa o sábado 21 xógase o groso da xornada.

En casa xogan o Cadete (12:30 ante o Pabellón Ourense CF no Dépor Training Center), o San Tirso SD Cadete (12:00 no Monte ante o Escola de Fútbol DSF), Infantil (10:45 no Dépor Training Center ante o Pabellón Ourense CF), Fabril FC Alevín (11:30 na Torre ante o Betanzos CF) e Fabril FC Benxamín (10:30 na Torre ante o Atlético Arteixo).

Así mesmo, o Xuvenil A visita ao Arosa SC (12:00 no campo Manuel Jiménez de Vilagarcía), o San Tirso SD Infantil ao ED Val Miñor Nigrán (16:00 no campo de Condomínguez en Nigrán), o Alevín A ao CD Calasanz (10:30 na Torre) e o Benxamín A ao ED Luis Calvo Sanz (12:30 nas Eiroas de Carballo).

Para o domingo 22 quedan dous encontros.

No campo Arsenio Iglesias o Fabril recibe ás 12:00 (YouTube RC Deportivo) ao CD Numancia de Soria.

Os fabrilistas, co empate da pasada fin de semana en Luanco, colideran a táboa de Segunda Federación co Oviedo Vetusta, ambos con 46 puntos.

O Club activa o protocolo de apertura con rexistro de asistentes do campo Arsenio Iglesias para o partido.

Poden retirar entradas dispoñibles, até esgotar a bancada e sen ningún custo adicional, todos os socios e socias do RC Deportivo que o tramiten formalmente a través da web ticketing.rcdeportivo.es, na que deberán introducir a súa ID de socio e o pin. A continuación, seleccionar unha localidade libre e posteriormente completar os seus datos de contacto e a dirección de correo electrónico onde recibir a entrada.

Con eses mesmos datos doutras persoas socias, unha única pode retirar máis dunha entrada nunha soa xestión e, deste xeito, seleccionar asentos contiguos ou próximos.

Este procedemento ten dous fins: poder solicitar e recibir a entrada e, ademais, levar un control de repartición e localización na instalación.

O RC Deportivo solicita que unicamente tramiten a entrada aqueles socios e socias que vaian poder acudir ao partido, para evitar que queden afeccionados sen poder asistir unha vez completado a repartición dos asentos nun proceso 100 % telemático.

Tamén está habilitado o sistema de venda de entradas para o público en xeral, a través da mesma plataforma en ticketing.rcdeportivo.es e seguindo o preceptivo sistema de rexistro e pago de localidade. 

O prezo de cada entrada para afeccionados sen carné do RC Deportivo é de 10 euros.

Completa a xornada o Xuvenil B - CD Areosa da Liga Nacional, a partir das 11:00 no Dépor Training Center.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Segunda Federación
24ª xornada: FABRIL - CD NUMANCIA DE SORIA, o domingo 22 de febreiro ás 12:00 no campo Arsenio Iglesias
Clasificación: 1. Oviedo Vetusta e Fabril, 46 puntos; 3. Gimnástica Segoviana CF, 42 puntos... 7. CD Numancia de Soria, 36 puntos...

Categoría xuvenil
21ª xornada: AROSA SC - XUVENIL A, o sábado 21 de febreiro ás 12:00 no campo Manuel Jiménez (Vilagarcía)
Clasificación da División de Honra: 1. Xuvenil A, 49 puntos; 2. RC Celta (un partido menos), 45 puntos... 10. Arosa SC, 20 puntos...

23ª xornada: XUVENIL B - CD AREOSA, o domingo 22 de febreiro ás 11:00 no Dépor Training Center
Clasificación da Liga Nacional: 1. RC Celta B (un partido menos), 61 puntos; 2. Xuvenil B, 55 puntos; 3. CD Choco (un partido menos) e Coruxo FC (un partido menos), 42 puntos... 11. CD Areosa (un partido menos), 24 puntos...

Categoría cadete
19ª xornada: CADETE - PABELLÓN OURENSE CF, o sábado 21 de febreiro ás 12:30 no Dépor Training Center
19ª xornada: SAN TIRSO SD CADETE - ESCOLA DE FÚTBOL DSF, o sábado 21 de febreiro ás 12:00 no Monte
Clasificación da División de Honra: 1. Cadete, 50 puntos; 2. RC Celta, 48 puntos; 3. San Tirso SD Cadete, 33 puntos; 4. ED Val Miñor Nigrán, 31 puntos... 9. Pabellón Ourense CF, 22 puntos... 12. Escola de Fútbol DSF, 17 puntos... 

Categoría infantil
16ª xornada: CD CONXO SANTIAGO - INFANTIL, este mércores 18 de febreiro ás 16:15 no campo da Merced (Conxo, Santiago)
19ª xornada: INFANTIL - PABELLÓN OURENSE CF, o sábado 21 de febreiro ás 10:45 no Dépor Training Center
19ª xornada: ED VAL MIÑOR NIGRÁN - SAN TIRSO SD INFANTIL, o sábado 21 de febreiro ás 16:00 en Condomínguez (Nigrán)
Clasificación da División de Honra: 1. Infantil (un partido menos), 48 puntos; 2. ED Val Miñor Nigrán (un partido menos) e RC Celta, 45 puntos; 4. CD Conxo Santiago (un partido menos) e CD Lugo, 30 puntos; 6. San Tirso SD Infantil (un partido menos), 29 puntos; 7. AJ Lérez, 28 puntos... 15. Pabellón Ourense CF, 10 puntos...

33ª edición de Torneo André Almeida, en Ponte Frielas (Portugal)
Primera Fase
Sábado 14 de febreiro
SAN TIRSO SD INFANTIL 2 (Iago e un futbolista rival en propia meta) - CD NACIONAL 2
CF OS BELENENSES 0 - SAN TIRSO SD INFANTIL 2 (Iago e Hugo Álvarez)

Domingo 15 de febreiro
SL BENFICA 6 - SAN TIRSO SD INFANTIL 0

Martes 17 de febreiro
Partido pola 5ª e 6ª praza
UD PONTE DE FRIELAS 0 - SAN TIRSO SD INFANTIL 3 (Hugo Álvarez, Enzo Fernández e Lucas Albor)

Categoría alevín
20ª xornada: CD CALASANZ - ALEVÍN A, o sábado 21 de febreiro ás 10:30 na Torre (campo 2.2)
20ª xornada: FABRIL FC ALEVÍN - BETANZOS CF, o sábado 21 de febreiro ás 11:30 na Torre (campo 1.2)
Clasificación da Primera Futgal A Coruña: 1. Alevín A, 52 puntos; 2. Victoria CF, 49 puntos; 3. Fabril FC Alevín, 48 puntos; 4. Atlético Coruña Montañeros CF, 46 puntos; 5. CD Calasanz, 40 puntos... 15. Betanzos CF, 7 puntos...

Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11, grupo norte, 1ª xornada: ALEVÍN - CD LUGO, o domingo 22 de febreiro con hora e campo por determinar

Categoría benxamín
20ª xornada: ED LUÍS CALVO SANZ - BENXAMÍN A, o sábado 21 de febreiro ás 12:30 nas Eiroas
20ª xornada: FABRIL FC BENXAMÍN - ATLÉTICO ARTEIXO, o sábado 21 de febreiro ás 10:30 na Torre (campo 1.2)
Clasificación da Primera Futgal A Coruña: 1. Benxamín A, 57 puntos; 2. CD Calasanz (un partido menos), 47 puntos; 3. ED Luis Calvo Sanz (un partido menos), 44 puntos; 4. Fabril FC Benxamín, 42 puntos; 5. Ural Español CF (un partido menos), 37 puntos... 15. Atlético Arteixo (un partido menos), 8 puntos...