Este mércores 18 de febreiro xogouse un partido oficial en ANOSACANTEIRA.
O Infantil (na foto principal da noticia) derrotou por 0-8 ao CD Conxo Santiago no campo da Merced en partido correspondente á 16ª xornada suspendida o pasado mes de xaneiro polo temporal.
Con este resultado, os branquiazuis mandan na División de Honra con 51 puntos por 48 do 2º clasificado, o ED Val Miñor Nigrán.
E no Dépor Training Center xogouse un partido de adestramento, con triunfo do San Tirso SD Cadete (na foto inferior) por 4-1 ante o Viveiro CF.
Este martes 17 de febreiro, o San Tirso SD Infantil concluíu a súa participación na localidade portuguesa de Ponte Frielas na 33ª edición do Torneo André Almeida.
Os deportivistas venceron por 0-3 ao UD Ponte de Frielas no partido pola 5ª ou 6ª posición.
Xa o sábado 21 xógase o groso da xornada.
En casa xogan o Cadete (12:30 ante o Pabellón Ourense CF no Dépor Training Center), o San Tirso SD Cadete (12:00 no Monte ante o Escola de Fútbol DSF), Infantil (10:45 no Dépor Training Center ante o Pabellón Ourense CF), Fabril FC Alevín (11:30 na Torre ante o Betanzos CF) e Fabril FC Benxamín (10:30 na Torre ante o Atlético Arteixo).
Así mesmo, o Xuvenil A visita ao Arosa SC (12:00 no campo Manuel Jiménez de Vilagarcía), o San Tirso SD Infantil ao ED Val Miñor Nigrán (16:00 no campo de Condomínguez en Nigrán), o Alevín A ao CD Calasanz (10:30 na Torre) e o Benxamín A ao ED Luis Calvo Sanz (12:30 nas Eiroas de Carballo).
Para o domingo 22 quedan dous encontros.
No campo Arsenio Iglesias o Fabril recibe ás 12:00 (YouTube RC Deportivo) ao CD Numancia de Soria.
Os fabrilistas, co empate da pasada fin de semana en Luanco, colideran a táboa de Segunda Federación co Oviedo Vetusta, ambos con 46 puntos.
O Club activa o protocolo de apertura con rexistro de asistentes do campo Arsenio Iglesias para o partido.
Poden retirar entradas dispoñibles, até esgotar a bancada e sen ningún custo adicional, todos os socios e socias do RC Deportivo que o tramiten formalmente a través da web ticketing.rcdeportivo.es, na que deberán introducir a súa ID de socio e o pin. A continuación, seleccionar unha localidade libre e posteriormente completar os seus datos de contacto e a dirección de correo electrónico onde recibir a entrada.
Con eses mesmos datos doutras persoas socias, unha única pode retirar máis dunha entrada nunha soa xestión e, deste xeito, seleccionar asentos contiguos ou próximos.
Este procedemento ten dous fins: poder solicitar e recibir a entrada e, ademais, levar un control de repartición e localización na instalación.
O RC Deportivo solicita que unicamente tramiten a entrada aqueles socios e socias que vaian poder acudir ao partido, para evitar que queden afeccionados sen poder asistir unha vez completado a repartición dos asentos nun proceso 100 % telemático.
Tamén está habilitado o sistema de venda de entradas para o público en xeral, a través da mesma plataforma en ticketing.rcdeportivo.es e seguindo o preceptivo sistema de rexistro e pago de localidade.
O prezo de cada entrada para afeccionados sen carné do RC Deportivo é de 10 euros.
Completa a xornada o Xuvenil B - CD Areosa da Liga Nacional, a partir das 11:00 no Dépor Training Center.
Finalmente, o Alevín inicia o venres 27 de febreiro ante o CD Lugo a súa participación na XVI edición do Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11.
Compoñen este grupo norte ademais estes equipos: ADC A Piringalla, Atlético Coruña Montañeros CF B, CD Calasanz, CD As Pontes, Club de Campo Ferrol B, ED Luis Calvo Sanz, Galicia Caranza, Racing de Ferrol, SRD Portuarios, San Tirso SD, Ural Español CF e Victoria CF.
O formato de competición é de liga a unha soa volta. O campión de grupo pelexará polo trofeo co campión do grupo sur nunha final que se xogará nas Eiroas (Carballo).
O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:
Segunda Federación
24ª xornada: FABRIL - CD NUMANCIA DE SORIA, o domingo 22 de febreiro ás 12:00 no campo Arsenio Iglesias
Clasificación: 1. Oviedo Vetusta e Fabril, 46 puntos; 3. Gimnástica Segoviana CF, 42 puntos... 7. CD Numancia de Soria, 36 puntos...
Categoría xuvenil
21ª xornada: AROSA SC - XUVENIL A, o sábado 21 de febreiro ás 12:00 no campo Manuel Jiménez (Vilagarcía)
Clasificación da División de Honra: 1. Xuvenil A, 49 puntos; 2. RC Celta (un partido menos), 45 puntos... 10. Arosa SC, 20 puntos...
23ª xornada: XUVENIL B - CD AREOSA, o domingo 22 de febreiro ás 11:00 no Dépor Training Center
Clasificación da Liga Nacional: 1. RC Celta B (un partido menos), 61 puntos; 2. Xuvenil B, 55 puntos; 3. CD Choco (un partido menos) e Coruxo FC (un partido menos), 42 puntos... 11. CD Areosa (un partido menos), 24 puntos...
Categoría cadete
19ª xornada: CADETE - PABELLÓN OURENSE CF, o sábado 21 de febreiro ás 12:30 no Dépor Training Center
Amigable: SAN TIRSO SD CADETE 4 (Asier, Hugo Fernández -2- e Jaime) - VIVEIRO CF 1
19ª xornada: SAN TIRSO SD CADETE - ESCOLA DE FÚTBOL DSF, o sábado 21 de febreiro ás 12:00 no Monte
Clasificación da División de Honra: 1. Cadete, 50 puntos; 2. RC Celta, 48 puntos; 3. San Tirso SD Cadete, 33 puntos; 4. ED Val Miñor Nigrán, 31 puntos... 9. Pabellón Ourense CF, 22 puntos... 12. Escola de Fútbol DSF, 17 puntos...
Categoría infantil
16ª xornada: CD CONXO SANTIAGO 0 - INFANTIL 8 (Santi Durán -2-, Hugo Macedo -2-, Jorge -2- e Yoel Darriba -2-)
19ª xornada: INFANTIL - PABELLÓN OURENSE CF, o sábado 21 de febreiro ás 10:45 no Dépor Training Center
19ª xornada: ED VAL MIÑOR NIGRÁN - SAN TIRSO SD INFANTIL, o sábado 21 de febreiro ás 16:00 en Condomínguez (Nigrán)
Clasificación da División de Honra: 1. Infantil, 51 puntos; 2. ED Val Miñor Nigrán, 48 puntos... 4. CD Conxo Santiago e CD Lugo, 30 puntos; 6. San Tirso SD Infantil (un partido menos), 29 puntos; 7. AJ Lérez, 28 puntos... 15. Pabellón Ourense CF, 10 puntos...
33ª edición de Torneo André Almeida, en Ponte Frielas (Portugal)
Primera Fase
Sábado 14 de febreiro
SAN TIRSO SD INFANTIL 2 (Iago e un futbolista rival en propia meta) - CD NACIONAL 2
CF OS BELENENSES 0 - SAN TIRSO SD INFANTIL 2 (Iago e Hugo Álvarez)
Domingo 15 de febreiro
SL BENFICA 6 - SAN TIRSO SD INFANTIL 0
Martes 17 de febreiro
Partido pola 5ª e 6ª praza
UD PONTE DE FRIELAS 0 - SAN TIRSO SD INFANTIL 3 (Hugo Álvarez, Enzo Fernández e Lucas Albor)
Categoría alevín
20ª xornada: CD CALASANZ - ALEVÍN A, o sábado 21 de febreiro ás 10:30 na Torre (campo 2.2)
20ª xornada: FABRIL FC ALEVÍN - BETANZOS CF, o sábado 21 de febreiro ás 11:30 na Torre (campo 1.2)
Clasificación da Primera Futgal A Coruña: 1. Alevín A, 52 puntos; 2. Victoria CF, 49 puntos; 3. Fabril FC Alevín, 48 puntos; 4. Atlético Coruña Montañeros CF, 46 puntos; 5. CD Calasanz, 40 puntos... 15. Betanzos CF, 7 puntos...
Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11, grupo norte, 1ª xornada: ALEVÍN - CD LUGO, o venres 27 de febreiro ás 19:45 no Dépor Training Center
Categoría benxamín
20ª xornada: ED LUÍS CALVO SANZ - BENXAMÍN A, o sábado 21 de febreiro ás 12:30 nas Eiroas
20ª xornada: FABRIL FC BENXAMÍN - ATLÉTICO ARTEIXO, o sábado 21 de febreiro ás 10:30 na Torre (campo 1.2)
Clasificación da Primera Futgal A Coruña: 1. Benxamín A, 57 puntos; 2. CD Calasanz (un partido menos), 47 puntos; 3. ED Luis Calvo Sanz (un partido menos), 44 puntos; 4. Fabril FC Benxamín, 42 puntos; 5. Ural Español CF (un partido menos), 37 puntos... 15. Atlético Arteixo (un partido menos), 8 puntos...
