RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FUNDACIÓN

Listaxe de participantes na Bancada Solidaria do Dépor - SD Eibar

A RC Deportivo Fundación, de cara ao encontro do Deportivo deste sábado 21 de febreiro (16:15) fronte á SD Eibar, reactivou a Bancada Solidaria de ABANCA-RIAZOR, unha iniciativa na que cada partido destina unha ampla cota de entradas a ONGs, institucións ou entidades benéficas que traballan pola integración social, educación, infancia, saúde e solidariedade na nosa comunidade.

Atendendo á política de transparencia e Responsabilidade Social Corporativa (RSC) do RC Deportivo e da súa Fundación, sempre se publican as entidades que fan uso da bancada solidaria, que son para este partido as seguintes: Asociación Antonio Noche, Hogar SI, Asociación Participa para a Inclusión Social, ASEM Galicia (Asociación Galega contra as Enfermidades Neuromusculares), ASPANAES, Fundación Érguete Integración, Fundación Secretariado Gitano, AFACO (Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e outras demencias da Coruña), CASCO (Comité Cidadán Anti Sida da Coruña) e Asociación de Colaboración e Promoción do Xordo. 

Para solicitar entradas para a Bancada Solidaria, limitadas a 10 por asociación, o formulario está dispoñible nesta ligazón.