A RC Deportivo Fundación activa a bancada solidaria de ABANCA-RIAZOR para o Dépor ABANCA - Sevilla FC do sábado 14 de febreiro ás 16:00
A RC Deportivo Fundación, de cara ao encontro do Deportivo ABANCA deste sábado 14 de febreiro ás 16:00 ante o Sevilla FC activa a Bancada Solidaria de ABANCA-RIAZOR, unha iniciativa na que cada partido destina unha ampla cota de entradas a ONGs, institucións ou entidades benéficas que traballan pola integración social, educación, infancia, saúde e solidariedade na nosa comunidade.
Atendendo á política de transparencia e Responsabilidade Social Corporativa (RSC) do RC Deportivo e da súa Fundación, sempre se publican as entidades que fan uso da bancada solidaria.
Para solicitar entradas, limitadas a 10 por asociación, o formulario está dispoñible nesta ligazón.
A data límite para poder solicitalas serán as 12:00 h. deste xoves 12 de febreiro.