A RC Deportivo Fundación, de cara ao encontro do Deportivo deste sábado 4 de abril ás 18:30 ante o Málaga CF, activa a Bancada Solidaria de ABANCA-RIAZOR, unha iniciativa na que cada partido destina unha ampla cota de entradas a ONGs, institucións ou entidades benéficas que traballan pola integración social, educación, infancia, saúde e solidariedade na nosa comunidade.
Atendendo á política de transparencia e Responsabilidade Social Corporativa (RSC) do RC Deportivo e da súa Fundación, sempre se publican as entidades que fan uso da bancada solidaria.
Para solicitar entradas, limitadas a 10 por asociación, o formulario está dispoñible nesta ligazón.
A data límite para poder solicitalas serán as 12:00 h. deste mércores 1 de abril.
Listaxe de participantes na Bancada Solidaria do Dépor - Córdoba CF
FUNDACIÓN
A RC Deportivo Fundación mantén activa a bancada solidaria de ABANCA-RIAZOR para o Dépor - Córdoba CF do martes 31 de marzo ás 20:00
FUNDACIÓN
Nenos e nenas da Dépor Escola Feiraco de Alvedro, Zas, Paiosaco e Colexio Jesuitinas ondearon as bandeiras en ABANCA-RIAZOR
FUNDACIÓN
Listaxe de participantes na Bancada Solidaria do Dépor ABANCA - SD Eibar
FUNDACIÓN
