RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FUNDACIÓN

Nenos e nenas da Dépor Escola Feiraco de Alvedro, Zas, Paiosaco e Colexio Jesuitinas  ondearon as bandeiras en ABANCA-RIAZOR

Os nenos e nenas da Dépor Escola Feiraco viven esta temporada algo que non se esquece: pisar o céspede, sentir ABANCA-RIAZOR... e ondear as bandeiras a pé de campo animando a Os Nosos.

Un momento único, cheo de emoción, orgullo e sentimento deportivista.

Para completar unha experiencia inesquecible, cada un deles recibe a súa entrada para gozar do partido desde a bancada, animando como os que máis.

No caso do choque da pasada fin de semana ante o Real Zaragoza, os protagonistas procederon das sedes de Alvedro, Paiosaco, Zas e do Colexio Jesuitinas.

Isto non vai só de fútbol, vai de sentir, de pertencer e de crecer xuntos.

E aínda quedan 2 meses para seguir creando recordos inesquecibles en ABANCA-RIAZOR.