RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FUNDACIÓN

Listaxe de participantes na Bancada Solidaria do Dépor ABANCA - SD Eibar

A RC Deportivo Fundación, de cara ao encontro do Deportivo ABANCA deste sábado 28 de marzo (18:00) fronte á SD Eibar, reactivou a Bancada Solidaria de ABANCA-RIAZOR, unha iniciativa na que cada partido destina unha ampla cota de entradas a ONGs, institucións ou entidades benéficas que traballan pola integración social, educación, infancia, saúde e solidariedade na nosa comunidade.

Atendendo á política de transparencia e Responsabilidade Social Corporativa (RSC) do RC Deportivo e da súa Fundación, sempre se publican as entidades que fan uso da bancada solidaria, que son para este partido as seguintes: Asociación Participa, ASPRONAGA, Centro de Menores San Xosé de Calasanz, Asociación Antonio Noche, Asociación Galega de Lupus e Fundación ADCOR.

Para solicitar entradas para a Bancada Solidaria, limitadas a 10 por asociación, o formulario está dispoñible nesta ligazón.