RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FUNDACIÓN

Listaxe de participantes na Bancada Solidaria do Dépor - Córdoba CF

A RC Deportivo Fundación, de cara ao encontro do Deportivo deste martes 31 de marzo (20:00) fronte ao Córdoba CF, reactivou a Bancada Solidaria de ABANCA-RIAZOR, unha iniciativa na que cada partido destina unha ampla cota de entradas a ONGs, institucións ou entidades benéficas que traballan pola integración social, educación, infancia, saúde e solidariedade na nosa comunidade.

Atendendo á política de transparencia e Responsabilidade Social Corporativa (RSC) do RC Deportivo e da súa Fundación, sempre se publican as entidades que fan uso da bancada solidaria, que son para este partido as seguintes: Yarama África, Asociación Antonio Noche, ASEM (Asociación contra as Enfermidades Neuromusculares), Real Institución Benéfico Social Padre Rubinos, AGAL (Asociación Galega de Lupus), FEAFES (Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia), Asociación Baltasar Pardal, Hogar Sor Eusebia, Hospital de Día Saúde Mental de Oza, Asociación Participa para a Inclusión Social.

Para solicitar entradas para a Bancada Solidaria, limitadas a 10 por asociación, o formulario está dispoñible nesta ligazón.