Este martes 31 de marzo abren desde as 15:00 os despachos de billetes do Palacio dos Deportes de Riazor e a OAD permanecerá pechada
Este martes 31 de marzo, día do partido ante o Córdoba CF, abren desde as 15:00 os despachos de billetes do Palacio dos Deportes de Riazor até o descanso do choque.
A Oficina de Atención ao Deportivismo (OAD) sita na Avenida de La Habana s/n permanecerá pechada pero abrirá as súas portas no seu horario habitual (de 9:15 a 13:30 e de 15:00 a 18:00) este mércores 1 de abril.
Están á venda as entradas para os partidos en ABANCA-RIAZOR do martes 31 de marzo e tamén do sábado 4 de abril ás 18:30 fronte ao Málaga CF (34ª xornada).
Os prezos das localidades serán a partir de 25 euros, suxeito a cambios segundo dispoñibilidade.
Os soci@s amigo teñen o 25% de desconto na compra de entradas.
Convertamos ABANCA-RIAZOR nunha auténtica caldeira
Este martes 31 de marzo temos unha misión: converter o Estadio ABANCA-RIAZOR nunha auténtica caldeira.
O partido ante o Córdoba CF non se xoga só no céspede. Xógase en cada bancada, en cada garganta, en cada latexado dos que sentimos estas cores.
O rival teno que notar desde o quecemento. Cada balón dividido ten que facer retumbar ABANCA-RIAZOR. Cada xogada ten que empuxar ao equipo un pouco máis aló.
Cando ABANCA-RIAZOR aperta, non hai nada igual.
É o momento de deixarse a voz, de levantarse, de crer e de levar ao Dépor polo aire. É o momento de demostrar que aquí nunca se rende ninguén.
Por iso, se non podes vir ao partido, hai algo moi importante que si podes facer: liberar o teu asento picando nesta ligazón.
Ese xesto, que parece pequeno, pode converterse nun empuxón enorme para o equipo.