RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

Espe Pizarro, citada por Uruguai para dous partidos amigables en Ecuador

Esperanza Pizarro Pagalday (15 de abril de 2001, Uruguai) foi convocada pola selección de Uruguai para disputar dous partidos amigables fronte a Ecuador.

Ambos os encontros servirán de preparación para as eliminatorias de clasificación para o Campionato do Mundo de 2027 do mes de abril ante Perú, Bolivia e Chile 

O calendario de partidos de Espe Pizarro nesta xanela FIFA é o seguinte:

Mércores 4 de marzo
17:00 (hora local, 21:00 hora galega): ECUADOR - URUGUAI, no Estadio Chubb Arena de Quito

Sábado 7 de marzo
14:15 (hora local, 18:15 hora galega): ECUADOR - URUGUAI, no Estadio Chubb Arena de Quito

Espe Pizarro, na súa primeira temporada no Dépor ABANCA, leva até a data 9 partidos xogados en Liga F, 8 deles como titular, con 4 goles.