Fran Alonso subliñou na sala de prensa de ABANCA-RIAZOR que o Sevilla FC é "un equipo moi letal, que non necesita ter a posesión do balón, o control do xogo para xerar perigo. É moi bo equipo. Xa viñan de marcar 4 goles. Sabiamos que era un rival ao que tiñamos que estar ao 100% concentradas e sen cometer erros. E non foi así. Cometemos erros e penalizáronnos moito".
Nesta liña, lamentouse deses "erros cometidos en saída de balón, pases horizontais que non debiamos de facer porque o Sevilla FC transita moi ben".
Resalta, iso si, que "en ocasións xeramos as mesmas e igual de boas que elas. Vasche cun 0-4 que a verdade é que é duro".
O técnico deportivista cre que "o primeiro gol é o que máis dano nos fai porque non nos estaban xerando practicamente nada. Tiveramos xusto antes do descanso un un contra un contra Sullastres que non soubemos materializar. Se nos fósemos con vantaxe aínda que concedas... Pero unha vez que concedemos en ABANCA-RIAZOR, encima coas ganas de dar esa vitoria a #ANOSAFORZA tomamos máis riscos, nos fomos cara a adiante e quedámonos máis expostas atrás. E o Sevilla FC é un equipo con moita calidade. Calquera falliño que tes penalízanche. Para min é o primeiro gol o que marca o partido porque xa vas a remolque e non só queres empatar, queres gañar".
