RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

Hilda Magaia, na súa presentación, asegura que "me atopei un equipo moi unido"

Hildah Tholakele Magaia (Dennilton, Sudáfrica, 16 de decembro de 1994), o último reforzo do Deportivo ABANCA, foi presentado este mediodía na sala de prensa do Dépor Training Center.

En primeiro lugar a internacional surafricana pousou para os medios gráficos coa camiseta branquiazul acompañado de Kevin Cabado, responsable do Dépor ABANCA, no campo Arsenio Iglesias.

Xa na sala de prensa, explicou Kevin Cabado que "pode xogar en punta ou banda esquerda a perna natural. Tecnicamente está bastante ben dotada, con moita capacidade para chegar á área e facer gol".

Ademais apunta que "pode atacar espazos en partidos nos que o rival nos vinga a buscar alto. E ten moita experiencia. Vese que está afeita xogar en ligas moi importantes, non lle custa nada adaptarse. Vai ser unha alternativa máis en ataque e coa baixa de Millene que non nos quedásemos sen posicións dobradas".

Finalmente o responsable do Dépor ABANCA lembrou que foi "a mellor xogadora da Copa África 2022, marcando 2 goles na final, sendo a Bota de Oro. No Mundial 2023 marcou 2 goles nun fito histórico para o seu país".

Pola súa banda, Hildah Magaia resaltou que "o equipo fóra do campo está moi unido. Gustáronme moito as instalacións e todo isto fixo que me decidise polo Dépor ABANCA".

A nova dianteira deportivista promete "traballo duro, traballo en equipo, dedicación. É o que pretendo achegar".

Con varias semanas de espera polos trámites burocráticos, confesou que "foi un pouco frustrante pero enténdoo. Así é como funciona a burocracia. Houbo que ser paciente até poder chegar aquí".

Hildah Magaia afirma que "me atopei un equipo moi unido" e móstrase decidida a "apoiar ás miñas compañeiras para levar ao equipo á parte máis alta da táboa".

Finalmente asegurou estar "totalmente preparada" para debutar na próxima cita ligueira para o Dépor ABANCA, o domingo 15 de marzo ás 12:00 en ABANCA-RIAZOR ante o FC Barcelona; e da Liga F pensa que "é unha liga moi competitiva".