RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

Hildah Magaia xa se adestra co Dépor ABANCA no Dépor Training Center

Hildah Magaia uniuse aos adestramentos co Dépor ABANCA no Dépor Training Center.

A internacional surafricana, resoltos os regulamentarios trámites burocraticos, incorporouse á expedición deportivista en Valencia e mesmo sentou no banco no choque en Buñol ante o Levante UD.

En Abegondo, xa é unha máis para Fran Alonso nunha semana sen liga polos compromisos das seleccións nacionais e, por conseguinte, xa sen as internacionais Inês Pereira, Marisa e Michi Apóstol.

Espe Pizarro incorporarase á concentración de Uruguai o sábado 28 de febreiro.

Este xoves 26, Hildah Magaia será presentada ante os medios de comunicación a partir das 12:15 na sala de prensa do Dépor Training Center.

Procedente do Club Tijuana, da liga mexicana, conta cunha ampla traxectoria en competicións de primeiro nivel. Ao longo da súa carreira militou en clubs de Estados Unidos (Kansas City), Corea del Sur (Sportstoto WFC), Suecia (Moron BK), Sudáfrica (University of Pretoria e Tshwane University of Technology) e México (Tijuana e Mazatlán FC).

No seu país natal foi protagonista absoluta durante a temporada 2019-20, na que se proclamou Xogadora do Ano e máxima goleadora da SAFA Women's League.

Habitual nas convocatorias da selección surafricana, Magaia participou no Mundial de 2023, onde disputou 4 encontros e asinou 2 goles e 1 asistencia. Ademais, foi unha das grandes figuras da Women's Africa Cup of Nations 2022, torneo no que terminou como máxima goleadora e marcou os 2 tantos que outorgaron o título ao seu país na final, logrando tamén a Bota de Oro da competición.

O seu palmarés internacional complétase co recoñecemento como mellor xogadora do COSAFA Women's Championship 2020.