ANOSAFORZA xa pode comprar as entradas para o Dépor Museo & Tour antes da apertura oficial
O Real Club Deportivo abriu a preventa exclusiva para persoas abonadas do Dépor Museo & Tour, que permanecerá aberta até hoxe ás 23:59 h.
Situado no corazón do Estadio ABANCA-RIAZOR, o museo abrirá as súas portas ao público o xoves 26 de febreiro, en horario de 10:00h a 18:00h.
Os abonados deportivistas poderán reservar o seu acceso antes da apertura xeral nesta ligazón para vivir unha experiencia única que integra a dimensión deportiva, histórica e cultural do Club coa súa masa social e coa cidade da Coruña.
O Dépor Museo & Tour ofrece un percorrido por máis de 200 pezas situadas en tres salas: Branca, Dourada e Azul.
Os usuarios tamén poderán visitar as zonas máis emblemáticas do estadio, desde os vestiarios e a sala de prensa até a saída ao terreo de xogo, permitindo aos visitantes sentirse protagonistas da experiencia branquiazul.
Após a finalización do período exclusivo para abonados, as entradas poranse á venda para o público xeral, suxeitas a dispoñibilidade.