Marisa García está concentrada coa selección española sub-20 na localidade alacantina de Alfaz del Pi.
Durante este período están previstos 3 encontros amigables do combinado nacional.
O segundo deles para a futbolista branquiazul será este martes 3 de marzo ás 12:00 ante México.
O encontro será retransmitido polas canles oficiais da RFEF: páxina web, rede social X e canle oficial de YouTube.
O primeiro encontro de España xogouse o pasado sábado 28 de febreiro ante Inglaterra.
A dianteira do Dépor ABANCA foi titular e tardou tan só 3 minutos en marcar o primeiro gol do partido, ao aproveitar un balón solto na área pequena inglesa.
Foi relevada por Elene Gurtubay no descanso.
Venceu España por 3-1 nun resultado de moito mérito ante un rival moi potente.
O calendario de partidos de Marisa, todos eles no Albin Garden Resort, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:
Sábado 28 de febreiro
ESPAÑA 3 - INGLATERRA 1
Martes 3 de marzo
12:00: ESPAÑA - MÉXICO
Venres 6 de marzo
11:00: ESPAÑA - PAÍSES BAIXOS
Marisa, na súa primeira temporada no Dépor ABANCA, leva 17 partidos, 6 deles como titular; e anotou 1 gol.
