As Nosas, citadas este domingo 7 de decembro no Dépor Training Center
Concluído o encontro ante o Granada CF, cuxo resumo podes ver a pé de noticia, As Nosas están citadas este domingo 7 de decembro no Dépor Training Center para un adestramento que arrincará ás 11:15.
A próxima cita en Liga F para o Dépor ABANCA será o domingo 14 de decembro ás 12:00 (Dazn) en Zubieta ante a Real Sociedad.
Ambos os equipos veranse as caras xusto unha semana máis tarde, o 21 de decembro ás 12:00, pero en oitavos de final da Copa de la Reina e en ABANCA-RIAZOR.