RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Adestramento e 'Meet & Greet' este xoves en Londres, e próxima cita o sábado en Middlesbrough

Finalizado o encontro en Vicarage Road ante o Watford, o Dépor adestrarase de novo este xoves 31 de xullo a partir das 10:30 en The Lensbury, cuartel xeral branquiazul.

Haberá tempo ademais para que ás 13:30 (hora local) o cadro protagonice un encontro cos numerosos afeccionados branquiazuis en Londres. Será en The Vin, Kentish Town.

A afección poderá saudar aos seus ídolos e fotografarse con eles.

A próxima cita de pretemporada será o sábado 2 de agosto ás 16:00 (hora galega, 15:00 hora local) no Riverside Stadium de Middlesbrough ante outro equipo tamén con pasado 'Premier League' e que tamén milita na Segunda División inglesa.

O choque será retransmitido en directo pola canle oficial de Youtube do RC Deportivo.

 

O calendario de partidos confirmados do Dépor, cos resultados dos xa xogados, esta pretemporada é o seguinte:

Mércores 23 de xullo, Estadio Vero Boquete - San Lázaro: SD Compostela 0 - Deportivo 5 (Eddahchouri -2-, Bouldini, Rubén López e Cristian Herrera)

Sábado 26 de xullo, O Couto, 20:00, 2º Memorial Miguel Ángel: Ourense CF 0 - Deportivo 2 (Eddahchouri e Yeremay)

Mércores 30 de xullo, Vicarage Road: Watford 1 - Deportivo 0

Sábado 2 de agosto, Riverside Stadium, 15:00 (16:00 hora galega): Middlesbrough - Deportivo

Mércores 6 de agosto, Municipal Pepe Barrera, 19:00, 74ª edición do Trofeo Emma Cuervo: Deportivo - Real Oviedo

Sábado 9 de agosto, Estadio ABANCA-RIAZOR, 20:00, 80ª edición do Trofeo Teresa Herrera: Deportivo - Le Havre AC