RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Abre Pequeno Riazor, a ludoteca na que os socios poderán deixar aos seus fillos os días de fútbol

  Mañana ás 19:00 horas tendrá lugar a inauguración da ludoteca Pequeno Riazor situada nos baixos de Cásaa da auga fronte á Torre de Marathón. Ao acto asistirán representantes do Real Club Deportivo, entre eles

O Real Club Deportivo e Pequeno Riazor asinaron un convenio a través do cal os accionistas, socios, e peñistas do equipo gozarán dunha serie de vantaxes na ludoteca. A máis destacada, que os socios do equipo terán reservadas 50 prazas gratuítas para os seus fillos pequenos os días que o club xogue no estadio de Riazor. A solicitude da devandita praza farase mediante correo electrónico ou chamada de teléfono da ludoteca os días previos ao partido.

Ademais, os socios e accionistas, previa presentación do carné de socio ou accionista, poderán acceder aos seguintes beneficios, non acumulables:
 
10% de desconto en aniversarios de fillos e netos de accionistas ou 7% de desconto en fillos ou netos de socios.
10% de desconto en bonos de horas para accionistas ou 7% para socios.
10% de desconto en determinados campamentos ou actividades para accionistas e 7% de desconto para socios.
10% de desconto no aluguer de inchables ou animacións para accionistas e 7% de desconto para socios.
Aos anteriores beneficios tamén terán dereito os xogadores de futbol base do Real Club Deportivo da Coruña (7% de desconto).
 
Tamén, previa presentación do carné de socio dunha pena oficial do Real Club Deportivo os peñistas poderán acceder aos seguintes beneficios:
 
50% de desconto en horas e estancia os días de partido, por un máximo de 2 horas e media.
5% de desconto en aniversarios de fillos de peñistas e netos
5% de desconto en bonos de horas.
5% de desconto en determinados campamentos ou actividades.
 
Durante o fin de semana, 2 e 3 de abril, celebraranse unhas xornadas de portas abertas en horario de 16:00 – 22:00 ambos os días. Os pequenos poderán acudir a divertirse a Pequeno Riazor de maneira gratuíta e probar as novas instalacións preparadas para eles cun mini campo de fútbol, un parque infantil e actividades interactivas. O centro tamén dispón dunha confortable zona de cafetaría para os adultos onde entreterse mentres os seus fillos xogan. A partir do luns o centro abrirá de 10:00 a 22:00 en horario ininterrompido.
 
Dentro das actividades do centro están as festas de aniversarios e as festas disco e de pixamas. Ademais de ésto desenvolveranse máis actividades como talleres de expresión corporal, teatro e clases de interpretación, talleres de cociña, manualidades, talleres de barro, talleres de goma eva e reciclaxe e inglés. As actividades non quedarán no interior das instalacións, durante o verán realizaranse múltiples campamentos e actividades no exterior e excursións a lugares como os campos do Dépor en Abegondo, o Aquapark de Cerceda,...