RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
ACTUALIDADE

Adán Carbó, fisioterapeuta do Dépor, impartirá unha charla na asociación Special Olympics Galicia

Adán Carbó, fisioterapeuta do RC Deportivo, impartirá unha charla o vindeiro sábado 24 de febreiro no marco da décimo primeira xornada de técnicos, participantes e voluntarios da asociación Special Olympics Galicia.

O profesional branquiazul falará sobre "estratexias de recuperación post-exercicio no deporte".

O acto terá lugar ás 16:00 horas na sede da Asociación Aspas, sita na rúa Santa Teresa de Jornet nº 9 de Santiago de Compostela.